1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.
Número de expediente: C-97006.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: contrato de servicios.
Descrición do obxecto: realización dun contrato de servicios consistente na preimpresión, impresión, fotomecánica e encadernación de cinco números da revista Consumidores.
Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 11 de xuño de 1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).
5. Adxudicación.
Contratista: Editorial Compostela, S.A.
Importe total: catro millóns setecentas cincuenta mil pesetas (4.750.000 ptas.).
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.
Francisco Gallegos Martínez
Presidente do Instituto Galego de Consumo
6717