Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/174-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Aragón V.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 215 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. desde la L-01314 de Troncal, alimentando en bucle ó C.T. proxectado de Aragón V, rematando na L-01313 de Troncal, concello de Vigo. C.T. de 1.000 kVA, relación de transformación 15 kV-380-220 V. R.B.T. subterránea de 235 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6736