Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 11 de maio de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 0431/1994 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 11 de maio de 1992, pola que se outorgou a aprobación final parcial do expediente P-VR-0925/90, para rehabilitación dunha vivenda rural, da que a súa parte dispositiva di:

Declarar inadmisible por extemporáneo o recurso de alzada número V-0431/1994, interposto por María Blanco Hermida contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Pontevedra, do 11 de maio de 1992, pola que se outorgou a aprobación final parcial do expediente P-VR-0925/90 para a rehabilitación dunha vivenda en Pedreira-Soutomaior-Pontevedra.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe cimunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6689