Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA de notificación da resolución recaída no expediente sancionador 14.7/92-II (B), por infracción á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en diante L.C.) e ó seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo RD 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos R.D. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de agosto de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO

Expediente número: 14.7/92-II (B).

Denunciado: Manuel José Davila García.

Último enderezo coñecido: Avda. da Florida, 30-portal 3, 5ºB, Vigo.

Feitos sancionados: construcción dun galpón de bloques de cemento.

Lugar: praia de Cornide.

Concello: Bueu.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1 a), 25.2 e 26.1 da L.C. e artigos 45.1 a), 46.1 e 48.1 do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2 e) e 97.1 b) da L.C. e artigos 174 c), 175.2 e) e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 24.697 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro do establecido nos artigos 95.1 da L.C. e 179.1 do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, e deberá realizalo no prazo dun mes desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.

6687