Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial estudio de detalle r/ López Mora, 46. (Expediente 4424/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 18 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa López Mora, 46, conforme a documentación presentada por Carolina Lago Silva, e redactada polos arquitectos Fraga Fernández, e visada polo COAG con datas do 19 de maio e 17 de xuño de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. a documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde