Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, con data do 7 de xullo do ano 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 8 A das normas subsidiarias municipais sita no Temple, promovido por Moubar, S.L., e redactado polo arquitecto Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 4 de setembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

6754