Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a concesión da explotación do servicio se cita. (Expediente 201/1997).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 201/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación do servicio da cafetería do edificio politécnico do campus de Ourense.

b) Prazo de duración: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Canon mínimo de explotación: importe total anual: 500.000 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 250.000 ptas.

Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Econom. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-22ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas Adm. particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 2 de setembro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

6711