Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 4/1997, que ten por obxecto a adquisición de material de hixiene e protección.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos

coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: CP 4/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de hixiene e protección.

c) Lotes:

Lote 1: campos cirúrxicos.

Lote 2: panos estériles.

Lote 3: compresas.

Lote 4: empapador (salvacolchón).

Lote 5: cueiro anatómico adulto.

Lote 6: cueiros anatómicos infantís.

Lote 7: cueiro rectangular 60x20.

Lote 8: batas dun só uso.

Lote 9: calza plástica cirúrxica.

Lote 10: gorros e mascariñas.

Lote 11: mascariña cirúrxica filtro.

Lote 12: cepillo cirúrxico reesterilizable.

Lote 13: fundas dun só uso.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación (mínimo):

Importe total: 6.668.459 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 20 de xuño de 1997.

b) Contratistas:

Lote 1: 3 M España, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 213.703 pesetas.

Lote 3: Ausonia Higiene, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 454.720 pesetas.

Lote 4: Laboratorios Unitex-Hartmann, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 1.068.900 pesetas.

Lotes 5, 8 e 11: SCA Molnlycke, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 1.788.237 pesetas.

Lote 9: Movaco, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 52.500 pesetas.

Lote 10: Johnson & Johnson, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 595.840 pesetas.

Lote 12: Hortas Suministros, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 83.888 pesetas.

c) Importe total adxudicado (mínimo): 4.257.788 pesetas.

Ferrol, 4 de agosto de 1997.

Alfonso Clemente González

Director xerente en funcións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

6585