Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da obra de reparacións varias no polígono de Monteporreiro, III fase. Pontevedra. (Expediente PO-97/REP05).

Obxecto: execución de obras de reparacións varias no polígono de Monteporreiro, III fase. Pontevedra.

Orzamento: vintecinco millóns novecentas cincuenta e cinco mil seiscentas trinta e unha pesetas (25.955.631 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 7, categoría c.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: un millón trinta e oito mil duascentas vintecinco pesetas (1.038.225 ptas.).

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez e media (10.30) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

6583