Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto convocado para a contratación da subministración de determinadas licencias de software para PC.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que, por resolución do director xeral do IGVS do 8 de agosto de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa: QED Systems, S.L., por un importe de seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6978