Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas, clave 72117045 e catro máis.

Por Resolución do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso, procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o delegado resolveu adxudicárlle-las asistencias técnicas ás seguintes empresas:

1º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de CP na zona de Monte Val do Vea (II sector) (A Estrada-Pontevedra).

Clave: 72117045.

Empresa: OTT-Consa.

Orzamento: 10.864.334 ptas.

2º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios de preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Valiñas-Agudelo-Barro (Barro-Pontevedra).

Clave: 72102046.

Empresa: Cotiasa, S.L.

Orzamento: 11.500.000 ptas.

3º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de San Salvador de Meis (Meis-Pontevedra).

Clave: 72128047.

Empresa: Eido Galicia.

Orzamento: 7.800.000 ptas.

4º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Paradela (Meis-Pontevedra).

Clave: 72128048.

Empresa: Eido Ingenieros, S.A.

Orzamento: 5.000.000 de ptas.

5º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Rivela (A Estrada-Pontevedra).

Clave: 72117049.

Empresa: Nortagro, S.L.

Orzamento: 4.889.099 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administración públicas.

Pontevedra, 25 de agosto de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

6642