Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 1997, aprobou inicialmente os plans parciais de ordenación dos solos urbanizables non programados (SUNP) números 2 (Salgueiriños), 3 (Cancelas-Mallou), 7 (O Avío), 9 (Belvís), 13 (A Estrada), 15 (Ponte Pereda) e 16 (Volta do Castro).

No ámbito de cada un dos plans parciais aprobados delimítase un único polígono, que abrangue a totalidade do respectivo SUNP e que se executará polo sistema de expropiación.

O expediente de expropiación forzosa tramitarase polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, que por medio de resolución do seu director xeral con data do 19 de xuño, aprobou inicialmente a relación dos bens e dereitos afectados pola actuación.

En cumprimento do disposto polos artigos 42 da Lei do solo de Galicia e 199 do Regulamento de xestión urbanística, os plans parciais e a relación de bens e dereitos afectados foron expostos ó público, mediante anuncios publicados nos xornais e no Diario Oficial de Galicia, con citación persoal de tódolos propietarios afectados.

Na relación de parcelas afectadas dos plans parciais figuran, entre outras, as seguintes:

-Parcela nº 31 do SUNP-3 (As Cancelas-Mallou), de propietario descoñecido, sita no lugar de Toxeiras, que linda:

Norte: con rúa de nova apertura, que enlaza a Rúa do Ceo cunha pista de concentración situada por detrás da estación de servicio de San Caetano.

Sur: parcela propiedade de Serafín Cabo Landeira.

Leste: parcela propiedade de Avelino Carneiro Vázquez.

Oeste: parcela propiedade de Antonio Raposo Sánchez.

-Parcela nº 46 do SUNP-7 (O Avío), propiedade de Irmáns Pardo Gayoso.

-Parcela nº 11 do SUNP-15 (Ponte Pereda), propiedade de José Raíces Mera.

Por descoñecerse a identidade ou o paradoiro dos seus respectivos propietarios, practícase a preceptiva notificación por medio deste edicto, de conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, para que lles sirva de citación en forma legal ós propietarios das parcelas sinaladas.

Durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, os propietarios das parcelas descritas poderán consulta-lo expediente na Casa do Concello e presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado