Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 22/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos especiais deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos especiais do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

Orzamento máximo de licitación: 25.000.000 de ptas. (IVE incluído) en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº. 22/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: desde a data do asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Admisión de variantes: admítense, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: que se vai acreditar segundo o disposto no artigo 16.1, apartados a) e c) da LCAP.

Solvencia técnica: que se vai acreditar segundo o disposto no artigo 19, apartados b) e) e f) da LCAP.

Clasificación económica: grupo: III, subgrupo: 8, categoría: A.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: experiencia no sector: 3 puntos; proxecto organización: 4 puntos; prezo: 3 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na unidade de contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga nº. 52 (edificio de administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrana no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

7015