Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. peirao de Campelo.
Situación: concello de Poio.
Descricións técnicas: L.M.T, subterránea, 20 kV, de 830 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio metálico s/n da L.M.T. Mourente-Sanxenxo, rematando no C.T. que se proxecta en peirao de Campelo, concello de Poio. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 13 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6730