Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/115-4).

Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso

Enderezo social: Avda. José Antonio 21, 36830 A Lama.

Denominación: centro de protección e reparto de Racelo.

Situación: A Lama.

Descricións técnicas: centro de protección e reparto composto por un conxunto de celas: unha cela de chegada de liña, tres celas de saída con interruptor automático de corte en SF6, protección contra sobreintensidades, cortocircuítos e posta a terra, e unha cela de saída con seccionador en carga, en Racelo, concello da Lama.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6729