De conformidade co establecido no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4 da mesma lei. Esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido, de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación desta.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
ANEXO I
Denominación e código do posto: subdirector xeral do Tesouro. EFC060000215770001.
Nivel: 30.
C. específico: 2.229.156.
Tipo posto: S.
Grupo: A.
Corpo/escala: xeral.
Centro directivo: D.X. Política Financeira e Tesouro.
Localidade: Santiago de Compostela.
Denominación e código do posto: xefe Servicio de Tesourería. EFC060000215770005.
Nivel: 28A.
C. específico: 1.639.104.
Tipo posto: S.
Grupo: A/B.
Corpo/escala: xeral.
Centro directivo: D.X. Política Financeira e Tesouro.
Localidade: Santiago de Compostela.
6903