Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (clave OH.215.402 e cinco máis).

A) Obra.

1. Rede de abastecemento de auga a Cesuras, Mandaio, Dordaño e Santaia. (Cesuras-A Coruña).

Clave: OH.215.402.

Orzamento: sesenta e seis millóns oitocentas setenta e tres mil seiscentas corenta e catro pesetas (66.873.644).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga a Ortigueira. (Ortigueira-A Coruña).

Clave: OH.215.408.

Orzamento: cento dezasete millóns cento cincuenta e dúas mil setecentas once pesetas (117.152.711).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Bombeo e rede de distribución de auga na parroquia de Lardeiros. (O Pino-A Coruña).

Clave: OH.215.410.

Orzamento: sesenta e un millóns seiscentas trinta e tres mil seiscentas tres pesetas (61.633.603).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento en Calvos de Randín. (Calvos de Randín-Ourense).

Clave: OH.332.317.

Orzamento: sesenta e tres millóns de pesetas (63.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento primeira fase e saneamento segunda fase de Santa Cruz de Arrabaldo. (Ourense).

Clave: OH.532.319.

Orzamento: noventa e seis millóns seiscentas vinteseis mil seiscentas sesenta e unha pesetas (96.626.661).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Mellora das marxes dos ríos Malloadas e Cabe no termo municipal de Monforte de Lemos. (Monforte de Lemos- Lugo).

Clave: OH.427.267.

Orzamento: cento setenta e cinco millóns seiscentas mil pesetas (175.600.000).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que

non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

6956