Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na rúa Redondo.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 455 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente en San Paio ata o C.T. que se proxecta na rúa Redondo, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, o tramo soterrado de 100 m de lonxitude con conductor tipo R.V. e Al aloxada en tubo de fibrocemento, o tramo aéreo de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 4 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6560