Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/52-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Muíños-Depuradora Lagares.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15/20 kV, a L.M.T. aérea, de 365 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 19 da L.M.T. 42.06 Balaídos-Coruxo, desde o que se realiza a derivación ó C.T. Naiter, rematando no apoio número 3, desde o que a liña continúa subterránea. L.M.T. subterránea de 205 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 3 da liña citada antes, ata o C.T. que se proxecta en Muíños, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, a R.B.T. aérea, de 45 m de lonxitude, con conductores tipo R.Z. a R.B.T. subterránea de 440 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 8 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6556