Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento do prezo xusto por imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 116/1994).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación provincial acorda sinala-lo día 18 de setembro de 1997, para que o pagador da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda ós pagamentos do prezo xusto e xuros na oficinas da Casa do Concello de Mesía, dos predios números 66 e 71 ás 11 horas, a ás 12.30 horas dos predios números 7 ó 62 na Casa do Concello de Cesuras, por imposición de servidumes de paso das instalacións da liña eléctrica a 20 kV desde a subestación de Cesuras a Mesía e Boimorto (expediente 116/1994), ós titulares propostos pola beneficiaria, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

A Coruña, 4 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6673