Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/136-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. polígono industrial Ribadumia.

Situación: Ribadumia-Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1.100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Cambados rematando no C.T. que se proxecta no polígono industrial de Ribadumia, concello de Ribadumia e Cambados. C.T. de 1000 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 60 m de lonxitude con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6545