Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico Bustelo I no concello de Muras.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico Bustelo I, no concello de Muras, e solicitado pola empresa MADE, Energías Renovables, S.A.

Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais poñerase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

-Concello de Muras.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez rematado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6547