Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun arquitecto/a superior para a redacción do proxecto básico e de execución para a construcción da facultade das áreas de ciencias sociais no Campus de Elviña (expediente de consultoría e asistencia 4014/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación dun arquitecto/a superior para a redacción do proxecto

básico e de execución para a construcción da F. das áreas de ciencias sociais no Campo de Elviña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: vintenove millóns mil seiscentas vintecinco (29.001.625 ptas.).

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6831