Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, os honorarios de dirección de obra aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a da obra de reforma da facultade de Ciencias no Campus da Zapateira (expediente 3032/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, a dirección de obra aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a da obra de reforma da facultade de Ciencias no Campus da Zapateira.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns cincocentas cinco mil novecentas catro ptas. (4.505.904).

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se esixe.

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6839