Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/142-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. ó C.T. de industrias Montoto-Feás.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 340 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. Lalín II, rematando no C.T. de industrias Montoto, en Feás, concello de Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6534