Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ancar II.

Situación: Poio.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 208 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde la L.M.T. ó C.T. Ancar, rematando no C.T. que se proxecta en Ancar II, concello de Poio. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 500 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6535