Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/134-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pía-Friamonde.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 613 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 4 da L.M.T. ó C.T. Friamonde-Callobre, en proxecto, rematando no C.T. que se proxxecta en Pía-Friamonde, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6540