Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador 36/16/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador número 36/16/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións pre

liminares, a aportación de cantas alegacións ou informacións estime convenientes, e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo á interesada que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 24 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 36-16-1997.

Inculpada: Comercial Marisquera Internacional, S.A.

Enderezo: rúa Juan F. Fontán, 9-2º B, Vilagarcía de Arousa.

Motivos: publicidade enganosa e irregularidades no etiquetado.

Data de iniciación: 26-16-1997.

6611