Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública dun estudio de detalle na avenida de Balaídos 5-7.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 4 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na Avda. de Balaídos nº 5-7 conforme a documentación presentada por Castelos de Inversións, S.L. e elaborada polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, someténdoo a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata trascorrido un mes desde a derradeira publicación. O expediente atópase ó dispor do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello, Exped. 4391/411/97).

Vigo, 28 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo