Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 23 de xuño e 7 de xullo de 2997, aprobou inicialmente o estudio de detalle e os estatutos de detalle e os estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación da unidade delimitada entre a rúa Betanzos e o colexio Apóstolo Santiago, na Almáciga, promovidos por José María Folgar de la Calle e outros. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada, no ámbito do citado estudio de detalle, que é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: senda peonil que comunica o camiño de acceso ó colexio Apóstolo Santiago coa rúa Betanzos e outras propiedades.

Sur: parcela propiedade de Manuel García García e límite plan Almáciga (en tramitación).

Leste: rúa Betanzos excluíndose da actuación os terreos xa edificados con fronte á dita rúa (nº 49, 51 e 53).

Oeste: camiño ó grupo escolar Apóstolo Santiago.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

6710