1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As97/20.
2. Obxecto do contrato: servicio de inspección nocturna de funcionamento e reparación de avarías do sistema de iluminación pública municipal durante as fins de semana e días festivos.
Prazo de execución: un ano, prorrogable ata un máximo de seis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 6.439.420 ptas. anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 128.788 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso
de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de inspección nocturna do funcionamento e reparación de avarías do sistema de iluminación pública municipal durante as fins de semana e días festivos.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 19 de agosto de 1997.
O alcalde
P.D.
Rubricado
6783