Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/145-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Chares-Outeiro-Cercio.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.608 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 6 da L.M.T. ó C.T. de Toimil, finalizando en el C.T. que se proxecta en Chares-Outeiro-Cercio, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6526