Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se convoca información pública sobre modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ourense e O Barco de Valdeorras, con anexos: V-3274; XG-366.

Ó abeiro do establecido nos artigos 78, 79 e 80 do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, a empresa Barreiros Ramos, S.L., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ourense e O Barco de Valdeorras, con anexos: V-3274; XG-366, solicita ampliación de tráficos na citada concesión mediante a incorporación dunha prolongación de Ourense a Vigo e Pontevedra.

Este expediente de modificación concesional deberá incorporarse ó expediente de substitución da devandita concesión.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos Servicios Provinciais de Transportes de Lugo (estación de Autobuses), Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, entrechán) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que

coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

6772