Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de xullo de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Álvarez Fernández, Jorge Emilio e cinco máis).

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan os contribuintes cos datos e último domicilio coñecido que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación,

o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e AXD.

Contra a presente notificación poderase interpoñe-los seguintes recursos: reclamacións económico administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conformes coa valoracio practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamacion económico-administrativa, deberán xustificalo ante esta oficina liquidadora; de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado.

Vigo, 29 de xullo de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoCoceptoBase

Álvarez Fernández, Jorge EmilioAvda. Florida, 24-6º Esq., VigoA.B.I.-TPAXD

Expte-12123/94(T)

6.343.650

Fente Pérez, Heliodoro e esposaRegueiro, 13-5º, VigoA.B.I.-TPAXD

Expte-7416/94(T)

6.210.000

Iglesia Soto, Eduardo e esposaVía Norte, 27, VigoA.B.I.-TPAXD

Expte-117/94(T)

20.340.600

Martínez Abella, LeonardoRegueiro, 3-2º A, VigoA.B.I.-TPAXD

Expte-486/92(A)

11.862.360

Mijón Álvarez, MarioPablo Iglesias, 8-1ºB, VigoA.B.I.-TPAXD

Expte-16614/94

11.316.427

Mosquera Pérez, CarmenAreal, 140-6º AA.B.I.-TPAXD

Expte-7079/94(T)

4.112.640

6384