Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A. (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de xuño de 1997, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba
o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.
Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 3 de xullo de 1997.
Manuel Bande Díaz
Delegado provincial de Lugo
Décimo terceiro convenio colectivo de traballo para a empresa Cementos Cosmos, S.A.
Capítulo premilinar
Intervenientes
O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito, dunha parte, polo comité de empresa da factoría de Oural de Cementos Cosmos, S.A., e doutra, polos representantes designados pola dirección da empresa. Ámbalas partes recoñécense a lexitimación esixida polos artigos 87 e 88 do Real decreto 1/1995, do Estatuto dos traballadores.
Capítulo I
Disposicións xerais
Sección primeira
Ámbitos
Artigo 1º.-Ámbito territorial.
O presente convenio colectivo será de aplicación ós centros de traballo da factoría de Oural, canteira de Vilavella e canteira do Val do Mao da empresa Cementos Cosmos, S.A., na provincia de Lugo.
Artigo 2º.-Ámbito persoal.
Este convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da sociedade e que estea prestando os seus servicios dentro do ámbito expresado no artigo anterior, así como o que ingrese na sociedade do referido ámbito durante a súa vixencia, coa excepción do persoal que, logo da súa libre, voluntaria e expresa aceptación, sexa considerado como persoal fóra de convenio, entendéndose por persoal fóra do convenio o persoal directivo. Este último, non obstante, poderá renunciar en calquera momento a esa condición e acollerse ó réxime de convenio.
Artigo 3º.-Vixencia e duración. Denuncia.
O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1997.
Para a denuncia do convenio procederase cunha antelación de trinta días como mínimo antes do seu vencemento. A dita denuncia será efectuada por calquera das partes e por escrito.
Sección segunda
Absorción, compensación e condicións más beneficiosas
Artigo 4º.-Absorción e compensación.
As melloras resultantes do presente convenio serán absorbidas naquelas cuestións concretas que sexan superadas por disposición legal. Estas cuestións serán inmediatamente aplicadas ó presente convenio.
Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.
Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí abranguidas, mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación doutras normas laborais.
Sección terceira
Comisión paritaria e arbitraxe
Artigo 6º.-Comisión de vixilancia.
Para vixia-lo cumprimento do convenio, e co fin de interpretalo, cando proceda, constitúese unha comisión mixta de vixilancia formada por catro membros como máximo da representación de traballadores e outros tantos en representación da empresa, todos eles co seu respectivo suplente.
Compoñentes desta comisión:
Representantes da empresaRepresentantes dos traballadores
Luis Fugarolas VilaCarlos López Castro
José Antonio Valcárcel TallosJosé Luis López López
José Luis López LópezJosé Luis López Armesto
Miguel Rodríguez del RíoManuel Valcárcel Mourelo
Actuarán como secretarios desta comisión dous dos seus vocais, un en representación da empresa e outro en representación dos traballadores, que levantarán acta conxunta das reunións.
Co exclusivo obxecto de dirixi-las reunións, sen ningún poder decisorio nin voto de calidade, designarase en cada reunión un presidente moderador. Este cargo será desempeñado alternativamente por un vocal da representación dos traballadores, e outro da representación empresarial.
Ámbalas representacións poderán asistir ás reunións con tres asesores, como máximo, que poderán ser alleos á empresa, os cales terán voz pero non voto.
As reunións desta comisión celebraranse cando o solicite calquera das partes. As convocatorias serán realizadas polos secretarios e comunicarán a orde do día. O domicilio da comisión mixta será o propio da empresa.
A comisión, por medio dos seus secretarios, publicará os acordos interpretativos do convenio, e facilitará copias á empresa e á representación dos traballadores, no prazo que en cada caso se determine.
As decisións tomaranse considerando que cada vocal ten un voto.
Será de competencia da comisión regula-lo seu propio funcionamento.
Artigo 7º.-Arbitraxe.
Calquera discrepancia individual ou colectiva que poida xurdir entre as partes, respecto á interpretación ou aplicación deste convenio, será sometida obrigatoriamente pola parte ou partes que a promovan á comisión de vixilancia do convenio, que resolverá no prazo máximo de 20 días desde a data en que a presentasen. Os seus acordos serán adoptados por maioría simple.
No caso de que esta non chegue a un acordo, a cuestión será sometida ó procedemento extraxudicial de solución de conflictos de traballo regulado na resolución do 9 de marzo de 1992 da Dirección Xeral de Traballo e Promoción de Emprego, DOG do 8-4-1992, texto revisado pola comisión paritaria do 15-3-1995, DOG do 4 de maio.
Dictada a dita arbitraxe ou obtida avinza previa, tanto en trámite conciliatorio como en trámite de mediación, ámbalas partes comprométense a cumprir nos seus propios termos a decisión que se adopte sen prexuízo das accións a que houber lugar.
Capítulo II
Política de emprego
Sección primeira
Disposición xerais
Artigo 8º.-Contrato de traballo.
Na contratación de traballadores observarase o establecido na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro (BOE do 8 de xaneiro) sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.
Artigo 9º.-Período de proba.
Tódalas incorporacións de novos traballadores estarán sometidas a un período de proba que poderá ser de ata 9 meses para o persoal titulado e ata dous meses para o resto dos traballadores.
Durante este período tódolos dereitos e obrigas serán os mesmos que para o persoal fixo, a excepción da posibilidade de rescisión do contrato, que poderá producirse por decisión de calquera das partes cun aviso previo de 24 horas.
Artigo 10º.-Expediente de crise.
Tres meses antes de que a empresa solicite calquera expediente, abrirase unha información e discusión cos sindicatos e o comité de empresa.
Artigo 11º.-Xubilacións.
A xubilación será ós 64 anos, no caso de que a pedise calquera das partes, traballador ou empresa, e será regulada de acordo co Real decreto 1194/1984, do 17 de xullo, (BOE do 20 de xullo).
Os casos de traballadores que cumprisen sesenta anos e estean diminuídos física ou psiquicamente polo desempeño do seu traballo serán estudiados un por un pola empresa, para proceder á súa xubilación ó cen por cento da súa base reguladora.
Sección segunda
Xornada de traballo
Artigo 12º.-Xornada laboral.
A xornada laboral será de corenta horas semanais, en cómputo trimestral, incluíndo media hora de bocadillo para a xornada continuada.
Artigo 13º.-Horas extraordinarias.
Acórdase reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:
1. Horas extraordinarias habituais: supresión.
1. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.
3. Horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e estructurais: realización.
De acordo co disposto na O.M. do 1 de marzo de 1983 e para efectos do regulado no artigo 7 do Real decreto 92/1983, entendenrase por horas estructurais as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, ou outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate ou mantemento sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.
Para iso, notificaráselle así, mensualmente, á entidade laboral. En todo isto, observarase o disposto na O.M. do 1 de marzo de 1983.
4. Na empresa constituirase unha comisión integrada por dous membros do comité de empresa e un representante da dirección, que terá as seguintes funcións:
a) Examinar se as horas extras realizadas no mes anterior se axustan a estas normas.
b) Facer propostas e suxestións á dirección da empresa.
c) Denunciar á dirección do centro os incumprimentos que puidesen observarse.
d) Recibir periodicamente (mensualmente) unha relación por grupos de traballo das horas realizadas, podendo acudir á sección de persoal para aclarar calquera dúbida que ó respecto se presente.
5. As horas extras repartiranse equitativamente entre os traballadores, cando a organización dos traballos o permita.
6. O importe das horas extras queda fixado na contía que para cada escala e antigüidade se sinala no anexo III.
Artigo 14º.-Días festivos.
Ademais dos establecidos no calendario laboral, establécese como festivo para tódolos efectos o día catro de decembro, Santa Bárbara, considerado como o día da patrona. No caso de coincidir este día con outro de descanso, trasladarase a outro laboral.
No caso de coincidir algún dos días festivos en sábado, compensarase a todo o persoal que realice a súa xornada de traballo de luns a venres.
Artigo 15º.-Vacacións e permisos retribuídos.
O cálculo para os pagamentos destas percepcións efectuarase como se permanecese traballando.
Para todo o persoal as vacacións serán de trinta días naturais.
Aqueles traballadores que por motivos da empresa non desfruten 19 días continuados na época de verán, poderán optar por percibi-la compensación económica sinalada no anexo IV, ou desfrutar 5 días laborables máis de vacacións, logo de acordo coa empresa.
Capítulo III
Prevención de riscos laborais
Artigo 16º.-Prevención de riscos laborais.
En todo o referido á prevención de riscos laborais e comité de seguridade e saúde, ámbalas partes acordan remitirse ó disposto na lexislación xeral vixente, Lei de prevención de riscos laborais, Lei 3/1995, do 8 de novembro, e normas que a desenvolvan.
Capítulo IV
Representación dos traballadores
Artigo 17º.-Representación dos traballadores.
En todo o referente ós órganos de representación dos traballadores, observarase o disposto no título II da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, así como a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e a restante lexislación que resulte de aplicación. As horas sindicais serán acumulables entre os diferentes representantes dos traballadores.
Capítulo V
Retribucións
Sección primeira
Incremento salarial
Artigo 18º.-Incremento salarial.
Incrementaranse tódolos conceptos económicos o 2,60%, a prima de producción variable e o plus de quenda serán aboados polos importes expresados no anexo 1, 2 e 4, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1997.
A antigüidade rexerase polo disposto no artigo 23º.
Sección segunda
Conceptos retributivos
Artigo 19º.-Soldo base.
É a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo, no que se entenden incluídos os complementos de posto de traballo que retribúen as condicións específicas dos postos de traballo, excepto o establecido no artigo 23º. O importe deste é o reflectido no anexo I.
Artigo 20º.-Prima de producción variable.
Establécese esta prima para todo o persoal, incluído o de ensacado, en función da producción de clinker, que será mínima segundo as cantidades que se expresan na táboa de salarios do anexo I, incrementándose o seu valor de acordo co aumento da producción de clinker, segundo o anexo II. O cálculo desta efectuarase polo total móbil (T.A.M.).
Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.
Con motivo das festividades de Santiago e Nadal, a empresa aboará unha gratificación en cada unha destas festividades, pagadoiras coas mensualidades de xuño e novembro respectivamente.
O importe de cada unha delas será unha mensualidade do soldo convenio, antigüidade, e a prima mínima do anexo I, sen que en ningún caso se teña en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.
Artigo 22º.-Paga de beneficios.
A paga de beneficios aboarase coa mensualidade de decembro e o seu importe será o correspondente a unha mensualidade de soldo base, antigüidade, e a prima mínima do anexo I.
En ningún caso se terá en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.
Artigo 23º.-Antigüidade.
Tomarase para o seu cómputo o salario mínimo interprofesional, aplicándose as porcentaxes e o tempo sinalados na Ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica do 28 de agosto de 1970. Actualizarase en cada momento e automaticamente segundo os incrementos do salario mínimo interprofesional.
Artigo 24º.-Plus de quendas.
O traballo a quenda, entendéndose por tal o que se presta en xornada ininterrompida de oito horas, de mañá, tarde e noite, en quenda rotativa, gratificarase cun plus, consistente no valor expresado no anexo IV. Os traballadores que presten os seus servicios en dúas quendas rotativas (mañá e tarde), gratificaranse cun plus, segundo o valor expresado no citado anexo IV.
Devengarase este plus mentres o productor realice as súas funcións segundo o disposto neste artigo, deducíndose unicamente deste cómputo o período en que estea de baixa por incapacidade laboral transitoria.
Tamén se devengará durante as vacacións proporcionalmente ó devengado por este concepto durante o período anterior, computado de vacación a vacación. Tamén terá dereito a este plus o traballador que, estando a quenda o 70% do ano, sexa incorporado de forma temporal a quenda central ou dúas quendas, por necesidades da empresa.
Para os efectos do aboamento do plus de quenda, establécese que será devengado tamén polo traballador que non está a quenda rotativa e que por necesidades de servicio teña que ser incorporado
de forma frecuente a este réxime, mentres dure esta situación.
Non se considerará en réxime de traballo a quenda, o traballador que aínda tendo un horario de traballo coincidente cunha calquera das quendas, non efectúe rotación normal de horario, a menos que sexa por interese da empresa.
Artigo 25º.-Gratificacións por traballo de Noiteboa, Noitevella e Reis.
O persoal que teña que traballar algunha noite destes días (do 24 ó 25 de decembro, do 31 de decembro ó 1 de xaneiro e do 6 ó 7 de xaneiro) será gratificado coa cantidade fixada no anexo IV por cada noite traballada.
Artigo 26º.-Plus de distancia.
Terán dereito a este plus aqueles traballadores que, desde a súa residencia ó lugar de entronque co percorrido do servicio de ómnibus facilitado pola empresa, medien máis de dous quilómetros.
Percibirán a cantidade estipulada no anexo IV por cada quilómetro percorrido de ida e volta e por cada xornada laboral, sen exclusión de ningún quilómetro percorrido.
Artigo 27º.-Axudas de custo
Pagaranse os gastos mediante a presentación de facturas, incrementados nas cantidades sinaladas no anexo IV (axudas de custo, apartado A). Tamén poderán opta-los traballadores por cobra-las cantidades do apartado B do citado anexo, sen que se paguen os gastos.
Capítulo IV
Acción social
Artigo 28º.-Premios por vinculación.
A empresa establece un premio por vinculación ós traballadores que cumprisen vinte anos de antigüidade nela, ben de forma continuada ou alterna, sen rompe-lo seu nexo laboral, así como aqueles traballadores que por xubilación, incapacidade total permanente, absoluta e gran invalidez ou falecemento non alcancen os 20 anos de antigüidade.
Este premio consistirá en:
1. Unha placa conmemorativa de prata.
2. Un premio en metálico co importe que se fixa no anexo IV.
3. Anulación de faltas leves, graves e moi graves no expediente laboral.
Artigo 29º.-Complemento de enfermidade.
A empresa complementará ata o 100% do salario convenio maila antigüidade e a prima mínima, desde o primeiro día, se non se supera a porcentaxe de absentismo da sección; cando se superase esta porcentaxe de absentismo, a empresa complementará ata o 100% dos conceptos citados a partir do día 25 da data de baixa. O servicio médico de empresa emitirá informe sobre os casos en que proceda aboar tal complemento, para o cal poderá efectua-los recoñecementos ou accións que coide oportunas.
Artigo 30º.-Axuda a minusválidos e subnormais.
Aqueles traballadores en situación activa que teñan ó seu cargo fillos minusválidos ou subnormais, recoñecidos segundo as normas do INSS, percibirán a cantidade mensual reflectida no anexo IV por cada fillo subnormal ou minusválido. Así mesmo, a empresa aboará os gastos que a Administración do Estado non cubra naqueles casos nos que asistan a escolas de educación especial.
Artigo 31º.-Axuda de estudios.
1. Terán dereito a optar a esta axuda os fillos de productores en activo, de viúvas de traballadores e de xubilados.
2. As contías mínimas establecidas no anexo IV serán revisadas tódolos anos e cubrirán os seguintes conceptos:
-EXB (4º e 8º).
FP, BUP, COU ou similares.
Estudios técnicos e universitarios ou similares.
3. As contías anteriores incrementaranse segundo concorra o alumno nas seguintes circunstancias:
a) Cando teña que utilizar medios de transporte para acudir ó centro de estudios.
b) Se ademais do exposto no apartado anterior, tamén ten que comer fóra da súa residencia familiar.
c) Cando deba residir fóra da súa residencia.
4. Os mínimos establecidos no apartado 2 e 3 serán incrementados nun cincuenta por cento para fillos de viúvas de traballadores e fillos de productores xubilados cuns ingresos medios mensuais que non superen a cantidade mensual sinalada no anexo V.
5. Concederanse axudas económicas para estudios que tendan ó perfeccionamento dos traballadores, extensible ás súas esposas, dentro da súa liña de promoción, ou ben contribúan á elevación do seu nivel cultural, de acordo coa sistemática establecida nos apartados precedentes.
Artigo 32º.-Seguro de accidentes.
A empresa concertará, pola súa conta exclusivamente, unha póliza de seguros que cubrirá a tódolos traballadores en activo polos riscos de morte ou invalidez total ou absoluta, derivada de accidente ocorrido as 24 horas do día (excepto riscos extraordinarios excluídos pola compañía de seguros) e enfermidade profesional, pola contía recollida no anexo IV. O incremento do importe delas entrarán en vigor con efectos desde o 1 de xullo de 1997.
Artigo 33º.-Transporte de accidentados e enfermos.
A empresa porá á disposición do persoal accidentado ou enfermo que teña que comparecer nos centros médicos dela, o medio de transporte adecuado ou, no seu defecto, aboaralles ós traballadores que estean nesta situación o importe correspondente a este traslado.
Capítulo VI
Disposicións derradeiras
Artigo 34º.-Vinculación á totalidade.
As condicións pactadas no presente convenio forman parte dun todo orgánico, indivisible e, para efectos da súa interpretación e aplicación práctica, deberán ser considerados globalmente sen que, por iso, sexa procedente acudir ás disposicións favorables e rexeita-las que na súa illada consideración non o sexan.
Artigo 35º.-Publicidade.
A empresa deberá ter exposto un exemplar do presente convenio en cada un dos centros de traballo, para o debido coñecemento de todo o persoal.
Artigo 36º.-Normas supletorias.
No non previsto no presente convenio aplicarase a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica do 28 de agosto de 1970, así como a lexislación laboral de aplicación xeral vixente en cada momento e o recollido no sétimo convenio colectivo.
ANEXO I
Tabóa de salarios con efectos do 1 de xaneiro de 1997
Categorías Esc Soldo base mes Prima fixa e variable Total mes
Subdirector de sección - 184.995 151.342 336.337 Técnicos titulados - 184.995 81.950 266.945 Axudantes - 144.758 94.794 239.552 Xefe Admvo. 2ª, Delte. Sup., Enc. Laboratorio físico, químico, programación. Cont. de Fáb. e mestro de taller «A» 10 132.547 87.862 220.409 Ofic. 1º Admvo., J. quenda «A», M. taller "B" e de obras «A», Enc. Mant. canteira 9 128.525 78.669 207.194 Enc. almacén e M. obras «B» 8 126.058 76.462 202.520 Enc. B. móvil, J. quenda «B», M. taller «C» vixiante de obras 7 119.680 68.631 188.041
Categorías Esc Soldo base mes Prima fixa e variable Total mes
Delineante, Cod. pas e trailer, Ofic. 1º «A» 6 113.361 62.542 175.903 Capataz 5.1 105.654 66.897 172.551 Ofic. 2ª Admvo., Ofic. 1ª oficio «B», perforista 5.2 105.654 62.537 168.191 Ofic. 2ª oficio «A», Aux. organización 4 100.033 55.163 155.196 Ofic. 2ª oficio «B», persoal de ensacado 3 96.797 53.808 150.605 Ofic. 3ª oficio, almaceneiro, telefonista, gardas e basculeiros 2 95.394 51.350 146.744 Peóns 1.1 95.244 51.286 146.530 Ordenanza e mulleres limpeza 1.2 95.244 46.406 141.650 Salario mínimo interprofesional - 66.630
ANEXO II
Táboa xeral de ptas./día de prima que se aplica desde o día 1-1-1997
Rende-
mento
Niveis ou chanzos
1.2 1.1 2 3 4 5.2 5.1 6 7 8 9 10
60.5 1.288,0 1.340,8 1.344,5 1.424,8 1.472,1 1.608,2 1.689,9 1.608,9 1.803,1 2.002,4 2.040,8 2.203,0 61,0 1.303,2 1.362,4 1.366,1 1.446,5 1.493,7 1.636,3 1.712,2 1.636,8 1.831,0 2.034,6 2.075,0 2.245,7 61,5 1.318,4 1.384,0 1.387,6 1.468,1 1.515,3 1.664,3 1.744,6 1.664,9 1.859,1 2.066,7 2.109,3 2.288,4 62,0 1.333,6 1.405,8 1.409,3 1.489,9 1.536,7 1.692,3 1.776,9 1.692,9 1.887,1 1.098,8 2.143,4 2.331,1 62,5 1.348,8 1.427,5 1.430,9 1.511,5 1.558,3 1.720,3 1.809,3 1.720,9 1.915,0 2.130,9 2.177,6 2.373,7 63,0 1.364,0 1.449,1 1.452,5 1.533,2 1.580,0 1.748,2 1.841,7 1.748,8 1.942,9 2.163,1 2.211,9 2.416,5 63,5 1.379,4 1.470,9 1.474,0 1.555,0 1.601,5 1.776,4 1.873,9 1.776,7 1.970,9 2.195,2 2.246,1 2.459,2 64,0 1.394,6 1.492,5 1.495,7 1.576,6 1.623,0 1.804,3 1.872,3 1.804,9 1.999,0 2.227,3 2.280,1 2.501,9 64,5 1.409,7 1.514,2 1.517,2 1.598,2 1.644,6 1.832,4 1.938,7 1.832,8 2.026,9 2.259,5 2.314,4 2.544,5 65,0 1.425,0 1.535,9 1.538,8 1.620,0 1.666,1 1.860,3 1.971,0 1.860,7 1.054,9 2.291,6 2.348,6 2.587,1 65,5 1.440,2 1.557,6 1.560,3 1.641,5 1.687,8 1.888,4 2.003,4 1.888,8 2.082,8 2.323,7 2.382,9 2.629,9 66,0 1.455,4 1.579,3 1.582,0 1.663,4 1.709,3 1.916,4 2.035,8 1.916,7 2.110,7 2.355,9 2.417,0 2.672,6 66,5 1.470,8 1.601,0 1.603,6 1.685,1 1.730,9 1.944,4 2.068,0 1.944,8 2.138,8 2.388,0 2.451,2 2.715,3 67,0 1.485,8 1.622,8 1.625,2 1.706,7 1.752,4 1.972,3 2.100,5 1.972,3 2.166,8 2.420,1 2.485,5 2.757,9 67,5 1.501,1 1.644,3 1.646,7 1.728,5 1.774,1 2.000,5 2.132,9 2.000,7 2.194,8 2.452,2 2.519,7 2.800,6 68,0 1.516,4 1.666,0 1.668,4 1.750,2 1.795,6 2.028,4 2.165,1 2.028,7 2.222,7 2.484,4 2.553,9 2.843,3 68,5 1.531,6 1.687,8 1.690,0 1.771,7 1.817,1 2.056,5 2.197,6 2.056,6 2.250,6 2.516,5 2.588,1 2.886,1 69,0 1.546,8 1.709,5 1.711,6 1.793,5 1.838,7 2.084,5 2.229,9 2.084,7 2.278,7 2.548,6 2.622,2 2.928,7 69,5 1.569,5 1.739,1 1.742,0 1.825,1 1.872,3 2.124,7 2.277,9 2.124,8 2.316,2 2.591,2 2.668,6 2.987,8 70,0 1.592,3 1.769,3 1.772,3 1.856,5 1.905,9 2.164,8 2.325,8 2.164,9 2.353,7 2.633,7 2.715,1 3.046,9 70,5 1.615,2 1.799,3 1.802,5 1.888,0 1.939,5 2.204,9 2.373,7 2.205,0 2.391,4 2.676,4 2.761,6 3.106,1 71,0 1.637,9 1.829,3 1.832,9 1.919,5 1.973,4 2.244,9 2.421,6 2.245,0 2.429,0 2.718,9 2.808,1 3.165,3 71,5 1.645,6 1.842,8 1.845,7 1.931,5 1.982,8 2.260,8 2.438,4 2.260,9 2.447,2 2.740,6 2.830,0 3.191,6
Rende-
mento
Niveis ou chanzos
1.2 1.1 2 3 4 5.2 5.1 6 7 8 9 10
72,0 1.653,2 1.856,1 1.858,6 1.943,4 1.994,5 2.276,8 2.455,3 2.276,8 2.465,4 2.762,2 2.852,0 3.217,7 72,5 1.660,9 1.869,6 1.871,5 1.955,2 2.001,6 2.292,7 2.472,0 2.292,6 2.484,0 2.784,0 2.873,9 3.243,9 73,0 1.668,6 1.883,0 1.884,4 1.967,1 2.011,3 2.308,6 2.488,7 2.308,5 2.502,4 2.805,6 2.895,9 3.270,1 73,5 1.683,9 1.904,8 1.905,9 2.988,7 2.032,9 2.336,6 2.521,0 2.336,4 2.530,0 2.837,7 2.930,0 3.312,9 74,0 1.699,0 1.926,4 1.927,6 2.010,5 2.054,3 2.364,7 2.533,4 2.364,4 2.558,3 2.869,8 2.964,4 3.355,5 74,5 1.714,3 1.948,0 1.949,2 2.032,2 2.075,9 2.392,6 2.585,8 2.392,5 2.586,3 2.901,9 2.998,5 3.398,2 75,0 1.729,5 1.969,8 1.970,7 2.053,7 2.097,9 2.420,7 2.618,1 2.420,5 2.614,3 2.934,1 3.032,7 3.440,9 75,5 1.744,8 1.991,4 1.992,3 2.075,5 2.119,1 2.448,6 2.650,5 2.448,4 2.642,2 2.966,2 3.066,9 3.483,6 76,0 1.760,0 2.013,1 2.014,0 2.097,2 2.140,6 2.476,8 2.682,8 2.476,3 2.670,2 2.998,3 3.101,1 3.526,2 76,5 1.775,1 2.034,9 2.035,6 2.118,8 2.162,2 2.504,7 2.715,1 2.504,4 2.698,2 3.030,5 3.135,4 3.569,0 77,0 1.790,3 2.056,5 2.057,1 2.140,6 2.183,7 2.532,7 2.747,5 2.532,4 2.726,2 3.062,6 3.169,5 3.611,6 77,5 1.805,7 2.078,3 2.078,7 2.162,3 2.205,4 2.560,7 2.779,9 2.560,3 2.754,1 3.094,7 3.203,7 3.654,3 78,0 1.820,9 2.100,0 2.100,4 2.184,0 2.226,9 2.588,8 2.812,1 2.588,4 2.782,1 3.126,9 3.238,0 3.697,0 78,5 1.836,2 2.121,5 2.122,0 2.205,6 2.248,5 2.616,8 2.844,6 2.616,3 2.810,0 3.159,0 3.272,2 3.739,6 79,0 1.851,3 2.143,3 2.143,4 2.227,3 2.270,0 2.644,8 2.877,0 2.644,2 2.838,0 3.191,1 3.306,2 3.782,4 79,5 1.866,5 2.165,0 2.165,0 2.249,0 2.291,6 2.672,7 2.909,2 2.672,2 2.866,0 3.223,2 3.340,5 3.825,1 80,0 1.881,7 2.186,6 2.186,6 2.270,7 2.313,1 2.700,8 2.941,7 2.700,3 2.894,0 3.255,4 3.374,7 3.867,8
ANEXO III
Valor das horas extraordinarias desde 1-1-1997
Escala 0 5% 10% 17% 24% 31% 38% 45% 50%
1 1.278,8 1.338,9 1.398,9 1.482,9 1.566,9 1.651,0 1.735,1 1.816,6 1.889,3 2 1.284,8 1.344,8 1.404,8 1.488,8 1.572,9 1.656,9 1.741,0 1.822,7 1.895,6 3 1.309,9 1.369,9 1.429,9 1.514,0 1.598,0 1.682,1 1.766,1 1.849,1 1.923,1 4 1.337,6 1.397,6 1.457,6 1.541,7 1.625,7 1.709,8 1.793,8 1.878,1 1.953,2 5 1.389,5 1.451,2 1.512,9 1.599,3 1.685,7 1.772,1 1.858,5 1.945,9 2.023,7 6 1.407,8 1.469,5 1.531,2 1.617,6 1.704,0 1.790,4 1.876,8 1.965,0 2.043,6 7 1.427,9 1.489,6 1.551,4 1.637,8 1.724,1 1.810,6 1.896,9 1.986,1 2.065,6 8 1.471,7 1.534,5 1.597,4 1.685,3 1.773,3 1.861,3 1.950,4 2.040,9 2.122,5 9 1.493,9 1.556,8 1.619,6 1.707,6 1.795,6 1.883,5 1.971,5 2.064.2 2.146,7 10 1.516,2 1.579,0 1.641,9 1.729,8 1.817,8 1.905,7 1.993,7 2.087,4 2.170,9
ANEXO IV
Importes dos conceptos económicos desde 1-1-1997
Artigo Concepto Importe
15 Vacacións fóra de período (ptas./ano) 21.784 24 Quenda rotativa 3 quendas (ptas./mes) 27.069
Quenda rotativa 2 quendas (ptas./mes) 8.137
Artigo Concepto Importe
25 Noiteboa, Noitevella e Reis (ptas./ano) 10.051 26 Plus distancia (ptas./Km.) 24,89 27 Axudas de custo (ptas./día)
A) Axuda de custo completa máis gastos con factura 2.023 Media axuda de custo máis gastos con factura 1.012 B) Axuda custo completa sen gastos 7.722 Media axuda de custo sen gastos 3.861 28 Premio vinculación 201.207 30 Axuda minusválidos (ptas./mes) 9.543 31 Axuda por estudios (ptas./ano)
EXB (4º a 8º) 22.390 FP, BUP, COU 46.881 Estudos técnicos, universitarios 81.549 a) Transporte para acudir ó centro 5.595 b) Transporte e comida 16.980 c) Residencia fóra do seu domicilio habitual 33.597 ingresos máximos Apdo. 4º 106.390 32 Seguro de accidentes
Ata 30-6-1997 3.767.400
Desde 1-7-1997 4.000.000 Outros conceptos Gratif. traslado canteira (ptas./mes) 22.983 Plus de mando (ptas./año) de 0 a 1.221.089
6654