Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.653

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 231/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás Administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2208/1993, do 17 de decembro, estableceu o título de técnico superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da orga

nización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia, logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción regulado polo Real decreto 2208 de 1993, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións, e criterios de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículo do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

As materias de bacharelato que se deberon cursar para o acceso directo a este ciclo formativo son as que se expresan no apartado 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título, son as que se expresan no apartado 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas neste ciclo, son as que se expresan no apartado 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia, son as que se expresan no apartado 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

Os requisitos mínimos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son as que se determinan no apartado 4.3 deste decreto.

Artigo 8º

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado 4.4.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 9º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.5 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

1.1. Denominación: desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

1.2. Nivel: formación profesional de grao superior.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2.000 horas (equivalente a 5 trimestres de formación no centro educativo como máximo maila formación no centro de traballo correspondente).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Intervir nos proxectos de edificación e obra civil, realizando ou coordinando os seus desenvolvementos, e auxiliar á execución, realizando o seguimento da planificación.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais

* Capacidade técnica para:

-Realiza-los planos que compoñen os proxectos de edificación e de obra civil, tendo en conta as especificacións técnicas e os programas previos de necesidades.

-Elaborar orzamentos de execución de obras civís ou de edificación, realizando as medicións das diferentes unidades e as operacións necesarias cos prezos unitarios correspondentes.

* Capacidade para afrontar continxencias:

-Realiza-lo seguimento da planificación da obra, solicitando a información necesaria, elaborando informes nos que se expresen posibles desviacións e propoñendo as vías e medios que permitan corrixilos.

-Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións dos seus subordinados e das súas propias, no marco das normas e planos establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

* Capacidade para a dirección de tarefas:

-Posuír unha visión global e integrada do proceso productivo relativa ós diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos relacionados con aquel.

-Coordina-la elaboración da documentación relativa ó proxecto, determinando os planos necesarios, confeccionando croquis e detalles complementarios e realizando operacións básicas de cálculo de estructuras, instalacións e abastecementos.

-Administrar e xestionar unha pequena empresa de proxectos de edificación e obra civil e comercializa-los productos coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Capacidade de adaptación ó medio:

-Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Disposición das plantas, alzados, seccións e detalles necesarios para a realización da documentación gráfica.

* Organización e distribución das cargas de traballo para a consecución dos obxectivos.

* Elaboración dos planos definitivos para os proxectos.

* Supervisión da execución e arquivo dos planos de acordo coa normativa e especificacións.

2.4. Unidades de competencia.

1. Desenvolver proxectos e supervisa-la realización de plans.

2. Representa-los plans de proxectos de construcción.

3. Medir e certificar unidades de obra.

4. Realiza-lo seguimento da planificación de obra.

5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: desenvolver proxectos e supervisa-la realización de planos.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Determina-los planos necesarios para a definición do proxecto, establecendo o seu número e características.-O programa de necesidades axústase en cada caso á normativa ou ás especificacións dadas.

-A lista de planos é suficiente para a definición completa do proxecto.

-A ordenación e identificación dos planos é clara, permitindo a súa localización e arquivo.

-Recadouse a información necesaria para servir de base á realización de croquis e planos.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2. Realizar croquis a partir do programa de necesidades ou do anteproxecto que permitan a elaboración dos planos, determinando a información precisa e necesaria.-Os croquis foron claros e precisos e contiñan a información suficiente para a posterior elaboración dos planos.

-Os predimensionados dos planos permitiron o posterior axuste mediante os cálculos definitivos.

-O sistema de acotación foi definido segundo as normas e as cotas fundamentais axústanse ós requirimentos.

-As escalas foron adecuadas ás normas e á natureza de cada plano.

-A disposición dos elementos fundamentais permitiu a posterior distribución de espacios.

1.3. Consegui-la documentación preceptiva do proxecto, organizando e distribuíndo para isto as cargas de traballo.-O plano de actuacións é claro e conciso e permite a consecución dos planos no tempo previsto.

-Os recursos humanos establecéronse de acordo coas necesidades de especialización dos traballos.

-Os recursos materiais establecéronse e dispuxéronse de forma adecuada.

-O seguimento periódico do plano permite a súa actualización e resposta en caso de continxencias.

1.4. Realizar operacións de cálculo de estructuras a partir de datos previos.-Preparouse o cálculo recollendo os datos necesarios e seguindo os métodos precisos.

-Realizáronse os cálculos básicos, obtendo o dimensionamento dos elementos para incorporalos ó proxecto.

-Realizáronse croquis e preparouse documentación anexa, que sirva de base á definición das estructuras.

1.5. Realizar operacións de cálculo de instalacións e abastecementos a partir de datos previos.-Preparouse o cálculo, recollendo os datos necesarios e os métodos precisos.

-Realizáronse os cálculos básicos, obtendo o dimensionamento dos elementos para incorporalos ó proxecto.

-Realizáronse croquis e preparouse documentación anexa que sirva de base á definición das instalacións e dos abastecementos.

1.6. Supervisa-la execución e arquivo dos planos, adecuándoos á normativa e ás especificacións.-Son suficientes as vistas e seccións que se deron nos planos e están identificadas e indicadas convenientemente.

-Debuxáronse os detalles necesarios para facilita-la correcta execución da obra.

-Os planos foron debuxados á escala prefixada e conteñen as cotas suficientes para poder executa-la obra.

-O dimensionado final de estructuras e instalacións axústase ós cálculos e a distribución ó programa de necesidades.

-O arquivo dos planos garante a súa conservación, identificación e rápida localización.

1.7. Realizar levantamentos de construccións que sirvan de base ó proxecto.-Os croquis conteñen tódolos elementos relevantes da construcción e están debidamente identificados.

-A acotación é clara e concisa e contén tódalas medidas necesarias para completa-lo levantamento.

-Os instrumentos de medida son os adecuados á natureza do levantamento.

Dominio profesional

-Medios de producción: estación de traballo con dixitalizador de imaxes e impresora gráfica e programas informáticos específicos. Material de debuxo. Calculadora.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: conxunto de planos que compoñen un proxecto. Definición e dimensionamento de estructuras, instalacións e abastecementos.

-Procesos, métodos e procedementos: métodos de cálculo.

-Información: natureza, tipo e soportes: normativa urbanística. Catálogos especializados. Normas tecnolóxicas. Táboas e ábacos. Prontuarios.

Unidade de competencia 2: representa-los planos de proxectos de construcción.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Elaborar, a partir de croquis, os planos de proxectos de edificación, debuxando plantas, alzados, cortes, detalles e perspectivas, conseguindo a calidade adecuada.-A distribución dos debuxos nos planos, a súa rotulación e as escalas elixidas son as adecuadas.

-Os planos son facilmente comprensibles, conteñen as vistas e seccións necesarias, segundo as normas estipuladas, e gardan correspondencia cos croquis subministrados.

-A acoutación é clara e suficiente para a execución da obra e axústase ás normas.

-A simboloxía e lendas empregadas son as que corresponden ás normas e/ou ós acordos establecidos.

-O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que realizalo de novo.

2.2. Elaborar, a partir de croquis, os planos de proxectos de obra civil debuxando seccións do terreo, trazados, plantas, cortes e detalles.-A distribución dos debuxos nos planos, a súa rotulación e as escalas elixidas son as adecuadas.

-Os planos son facilmente comprensibles, conteñen as vistas e seccións necesarias, segundo as normas estipuladas, e gardan correspondencia cos croquis subministrados.

-A acoutación é clara, suficiente para a execución da obra e axústase ás normas.

-A simboloxía e lendas son as que corresponden ás normas e/ou ós acordos establecidos.

-O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que realizalo de novo.

2.3. Elaborar planos de acometidas e de instalacións interiores, debuxando planos de fontanería, saneamento, electricidade, climatización e telefonía.-A distribución dos debuxos nos planos, a súa rotulación e as escalas elixidas son as adecuadas.

-Os planos son facilmente comprensibles, conteñen as vistas e seccións necesarias, segundo as normas estipuladas, e gardan correspondencia cos planos subministrados.

RealizaciónsCriterios de realización

-A acotación é clara, suficiente para a execución da obra e axústase ás normas.

-A simboloxía e lendas empregadas son as que corresponden ás normas e/ou ós acordos establecidos.

-O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que realizalo de novo.

2.4. Elaborar planos de acometidas e redes de distribución, debuxando planos de rede de sumidoiro, auga, electricidade, tele

fonía e gas.

-A distribución dos debuxos nos planos, a súa rotulación e as escalas elixidas son as adecuadas.

-Os planos son facilmente comprensibles, conteñen as vistas e seccións necesarias, segundo as normas estipuladas, e gardan correspondencia cos planos subministrados.

-A acotación é clara e suficiente para a execución da obra e axústase ás normas.

-A simboloxía e lendas empregadas son as que corresponden ás normas e/ou ós acordos establecidos.

-O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que realizalo de novo.

2.5. Realizar distribucións de espacios axustándose ó programa de necesidades.-Aplicouse a normativa correspondente.

-A escala utilizada é a que corresponde ó plano.

-Propuxéronse alternativas razoables á distribución de espacios.

-O cadro de superficies elaborado axústase ó programa requirido e é claro e conciso.

2.6. Prepara-los documentos do proxecto colaborando na súa montaxe, reproducción e arquivo.-A copia do plano orixinal é nítida e indeleble e pódese ler con comodidade.

-Os planos están cortados e dobrados correctamente e ó tamaño requirido.

-O proxecto terminado ten tódalas carpetas requiridas e os documentos están completos.

-O proxecto quedou debidamente arquivado e os orixinais dos planos custódianse durante o tempo estipulado no lugar adecuado.

2.7. Asistir á execución, adaptando o proxecto á obra.-Realizouse un estudio en profundidade do proxecto, comprobando se a documentación técnica é suficiente para realiza-la obra.

-Os erros ou omisións encontrados valoráronse e comunicáronse, se procede, á dirección de obra.

-Realizáronse tódolos planos de obra necesarios tales como despezamentos, detalles e distribucións.

-As modificacións ó proxecto xurdidas no transcurso da obra foron suficientemente documentadas ou propostas á dirección de obra, segundo a entidade das mesmas.

2.8. Realizar levantamentos de construccións civís ou de edifica

cións, elaborando os croquis necesarios.

-O croquis contén tódolos elementos relevantes da construcción e están debidamente identificados.

RealizaciónsCriterios de realización

-A acotación é clara e concisa e contén tódalas medidas necesarias para completa-lo levantamento.

-Os instrumentos de medida son os adecuados á natureza do traballo.

Dominio profesional

-Medios de producción: estación de traballo con dixitalizador de imaxes e impresora gráfica e programas informáticos específicos. Material de debuxo.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: planos para edificación e/ou obra civil, incorporando solucións constructivas.

-Procesos, métodos e procedementos: métodos e procedementos de representación. Normas tecnolóxicas. Instrucción de estradas.

-Información: natureza, tipo e soportes: programas de necesidades. Croquis con solucións constructivas. Planos topográficos.

Unidade de competencia 3: medir e certificar unidades de obra.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Analiza-la documentación gráfica e escrita do proxecto determinando a lista de capítulos e de unidades de obra.-A lista de capítulos de obra é suficiente e está ordenado.

-As unidades de obra están expresadas de forma clara e concisa e conteñen o criterio de medición oportuno.

-O conxunto de unidades de obra recolle tódolos traballos que hai que realizar.

-Tódalas unidades de obra axústanse ás especificacións da memoria e do prego de condicións.

3.2. Realizar medicións de unidades de obra que sirvan de base á confección de orzamentos.-O criterio de medición axústase á unidade de obra medida.

-Utilízase a escala adecuada ó plano.

-A medición obtida foi claramente reflectida no documento correspondente, ten a precisión requirida e está localizada na unidade medida.

3.3. Elaborar prezos descompostos e actualizar prezos unitarios que sirvan de base á realización do orzamento.-Os prezos unitarios foron actualizados.

-Os prezos descompostos axústanse ós rendementos establecidos.

-As especificacións do prezo descomposto axústanse ás da unidade de obra medida.

3.4. Confecciona-lo orzamento de execución material, aplicando correctamente medicións e valoracións.-Aplícase correctamente a cada unidade de obra o seu prezo correspondente.

-Os capítulos da obra correspondente foron totalizados e ordenados dentro do contexto xeral.

-Realizouse o cadro resumo con tódolos capítulos e o prezo totalizouse.

3.5. Realiza-las medicións das unidades de obra executadas, como base para a confección das certificacións de obra.-O criterio de medición axústase á unidade de obra.

RealizaciónsCriterios de realización

-A medición realizouse correctamente en tempo e forma e conxuntamente co subcontratista.

-As operacións de cálculo realizáronse correctamente e coa precisión requirida.

-Os cadros resumo de resultados foron correctamente ordenados en canto a capítulos e unidades.

Dominio profesional

-Medios de producción: estación de traballo con dixitalizador de imaxes e impresora gráfica e programas específicos. Normas.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: medicións e valoracións de proxectos de edificación. Medicións e valoracións de proxectos de obra civil. Medicións e valoracións de proxectos de urbanización. Certificacións de obra.

-Procesos, métodos e procedementos: establecemento de capítulos e unidades de obra. Certificacións. Procedementos de medición.

-Información: natureza, tipo e soportes: cadros de prezos. Base de datos.

Unidade de competencia 4: realiza-lo seguimento da planificación de obra.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Toma-los datos precisos sobre o estado dos tarefas, realizando inspeccións visuais da obra.-Fíxose o recorrido completo á obra prestando especial atención ós puntos críticos do programa.

-Fíxose un resumo escrito de forma clara no caderno de campo.

-Solicitáronse e contrastáronse opinións dos responsables dos tarefas, para solucionar problemas xurdidos neles.

-Comprobouse o número total de máquinas e equipos á realización de croquis e planos.

4.2. Procesar datos de medición, producción, medios e rendementos, contrastándoos e ordenándoos adecuadamente.-Recolléronse e ordenáronse as medicións por grupos de programas.

-Contrastáronse as medicións realizadas da producción coas de proxecto e datos anteriores.

-Contrastáronse as medicións cos datos de campo.

-Fíxose o contraste da producción cos consumos de recursos.

4.3.Aplica-las técnicas de programación máis idóneas para realiza-lo seguimento da planificación.-O programa está adecuado ós novos prazos.

-As actividades están correctamente analizadas en canto a rendementos e equipos.

-A representación gráfica do programa é clara e está ben definida, sinalando convenientemente os puntos críticos.

RealizaciónsCriterios de realización

4.4. Elaborar informes periódicos, sinalando desviacións na duración dos tarefas programados.-Reflectiuse en gráficos ou en listas a relación entre o avance previsto e o realmente producido.

-Realízanse os informes coa periodicidade previamente establecida.

-As desviacións existentes e a súa repercusión foron explicadas claramente.

-Definíronse correctamente futuros rendementos para reconduci-lo plano.

4.5. Propoñer recomendacións para o cumprimento do programa, optimizando os recursos.-Estableceuse unha referencia clara das tarefas críticas.

-As modificacións propostas dos equipos productivos son adecuadas para o cumprimento do programa e razoables economicamente.

4.6. Realizar gráficos de producción e consumo a partir de partes de traballo diario, informando á dirección da obra e ó departamento de control de custos.-Os datos das partes interpretáronse de forma clara e concisa e cadráronse e contrastáronse.

-Os partes de traballo compílanse diariamente e os defectuosos corrixíronse, comunicándose correctamente no tempo e forma previstos.

-A información arquivouse de forma adecuada e non se deixaron datos sen procesar.

-Os resumos diarios foron contrastados.

Dominio profesional

-Medios de producción: estación de traballo con dixitalizador de imaxes e impresora gráfica e programas informáticos específicos. Máquina fotográfica e aparatos simples de medición.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: informes de seguimento da planificación da obra. Proposta de actuacións para a cumprimentación da planificación. Gráficos de producción e consumo. Cálculos e medicións de unidades de obra.

-Procesos, métodos e procedementos: análise e agrupación de actividades. Métodos gráficos de programación.

-Información: natureza, tipo e soportes: documentos de planificación da obra. Proxecto. Planos de traballo.

Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1. Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.-Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

RealizaciónsCriterios de realización

-Realizouse a análise previa á implantación, valorando:

.A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.

.A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).

.A previsión de recursos humanos.

.A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.

.A estructura e composición do inmobilizado.

.A necesidade de financiamento e forma máis rendible dela.

.A rendibilidade do proxecto.

.A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

-Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo a formación, experiencia e condicións actitudinais, se proceden.

5.2. Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.-Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.

-Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3. Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.-Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

-Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

-Os documentos xerados: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos, foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

-Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto actividades económicas e outra).

5.4. Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.-No plano de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

-Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

-A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5. Negociar con provedores, clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.-Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:

.Prezos do mercado

.Prazos de entrega

.Calidades

.Condicións de pagamento

.Transportes, se procede

.Descontos

.Volume de pedido

.Liquidez actual da empresa

.Servicio posvenda do provedor

RealizaciónsCriterios de realización

-Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:

.Marxes de beneficios

.Prezo de custo

.Tipos de clientes

.Volume de venda

.Condicións de cobramento

.Descontos

.Prazos de entrega

.Transporte se procede

.Garantía

.Atención posvenda

5.6. Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.-Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

-Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

-Respondeuse satisfactoriamente a súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.

-Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que puidese interesarlles.

5.7. Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigacións legais dunha empresa.-Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

-Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

-Identificáronse en tempo e forma as obrigacións legais laborais.

.Altas e baixas laborais

.Nóminas

.Seguros sociais

Dominio profesional

Información que manexa: documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2, Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información: terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigacións cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona: provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes que farán pedidos ou solicitarán servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónanse a continuación unha serie de cambios previsibles no sector, que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

-Prevese unha maior diversificación das actividades empresariais, ampliándose a gama de servicios ofrecidos, e un maior desenvolvemento das empresas especializadas en subministración de servicios, onde as dedicadas a instalación terán especial peso, co conseguinte aumento das subcontratacións. Tamén se incrementarán as actividades de rehabilitación e mantemento, o que paliará parcialmente as restriccións de solo, e as actividades en materia de obra civil.

-Aumento do tamaño empresarial, medido en volume de capital, o que favorecerá a competitividade empresarial, en especial de cara ós mercados internacionais. Como consecuencia da liberalización dos contratos públicos, favorecerase a asociación con empresas europeas para a realización de obras no mercado europeo, o que repercutirá positivamente nas estructuras empresariais. Darase tamén un aumento da participación de empresas europeas na estructura empresarial nacional, que lles permitirá operar con maior facilidade.

-As aplicacións informáticas seguirán incorporándose ás distintas fases dos procesos de construcción. Desenvolveranse os sistemas de deseño asistido por ordenador en tres dimensións, nos que a simulación adquire un peso importante; a aplicación destes sistemas permitirá optimizar tamén o proceso de fabricación, reducindo custos e riscos; así mesmo, estenderase o uso de bases de datos con información sobre materiais, proxectos e prezos, nas empresas de maior tamaño. Incrementarase o uso de programas informáticos na planificación e coordinación de obras, o que permitirá ter en conta o desenvolvemento do proceso no seu conxunto.

-Utilización de materiais e elementos de maior calidade ante a presión exercida pola Comunidade en materia de certificación de productos. Prevese tamén un aumento dos niveis de calidade esixidos en execución de obras.

-Penetración de novos sistemas de construcción -pavimentos confortables, menos ruidosos, sistemas de prevención de contaminación dos edificios-ante a presión por temas de protección de medio ambiente.

-Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención e maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O cambio fundamental na actividade desta figura vén determinado pola utilización cada vez máis xeneralizada de medios informáticos na elaboración do

proxecto e na planificación de obra. Isto vaille esixir manexar con soltura e bo rendemento, programas de deseño asistido, programas de simulación e bases de datos para a elaboración de presupostos. De forma análoga, terá que utilizar programas e documentos referentes á planificación e seguimento de obra.

A normalización e o aumento dos niveis de calidade esixidos nos materiais de construcción determinará a utilización sistemática de datos e documentación referente ó tema na fase de desenvolvemento do proxecto.

2.6.3. Cambios na formación.

Esta figura deberá ter unha formación en informática que lle permita utilizar programas variados de deseño en dúas, tres dimensións e simulación, así como consultar bases de datos de materiais, normativa e proxectos. En materia de planificación, os seus coñecementos informáticos deben permitirlle utilizar e poñer o día os correspondentes diagramas.

No referente á calidade, os seus coñecementos deben enfocarse ós materiais, as súas certificacións e a normativa que regula o seu uso.

Outras necesidades de formación que poderían deducirse dos cambios previsibles no sector, como poden ser: coñecementos de materiais e solucións constructivas aplicables a rehabilitación, terminoloxía específica en lingua estranxeira, e solucións con novos materiais, non parecen xeneralizables e poderían ser atendidas mediante formación ocupacional ou de posto de traballo.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no sector da construcción nas áreas de proxecto e producción.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

-Edificación: edificios industriais, edificios comerciais e de servicios, edificios singulares, vivendas e rehabilitación.

-Obra civil: aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conduccións lineais e obras especiais.

-Noutras actividades ou sectores productivos onde se realicen proxectos relacionados directa ou indirectamente coa construcción (urbanismo, primeiras extraccións, construccións metálicas, tendido de liñas eléctricas, decoración, etc.).

En xeral, exercerá a súa actividade en estudios de arquitectura, enxeñería, urbanismo ou decoración; grandes, medianas e pequenas empresas constructoras; organismos públicos locais, autonómicos ou estatais; e, eventualmente, de forma autónoma.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de proxecto / deseño -cálculo -medicións e orzamentos / apoio técnico -control e seguimento.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abarcan os campos da realización de proxectos e da planificación. Encóntranse ligadas directamente a:

-Proceso de deseño: conxunto de equipos para procesado da información, representación, dimensionado e avaliación de custos e técnicas para a súa realización.

-Proceso de producción: conxunto de equipos para procesado da información, representación e gráficos de producción e técnicas de materialización.

-Coñecemento de sistemas de representación, normalización, resistencia de materiais, mecánica de fluídos, materiais de construcción, tecnoloxía da construcción e programación e planificación.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Proxectista de edificación, proxectista de obras públicas, proxectista de instalacións, proxectista calculista, axudante de obra, axudante de planificación, técnico en organización, axudante de organización, etc.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Estudiar proxectos de construcción, identificando os diversos procesos constructivos, e analizar programas de necesidades, tendo en conta a normativa vixente.

* Elaborar croquis de conxunto e de detalle.

* Realiza-lo cálculo de elementos estructurais sinxelos.

* Elaborar planos de construccións a partir de croquis, utilizando os materiais e medios máis adecuados.

* Aplicar diferentes procedementos de medición.

* Aplica-las técnicas de programación máis usuais relativas ó seguimento da planificación de obras.

* Aplica-las técnicas de seguimento e control máis usuais relativas á planificación de obra e organización de persoal.

* Utilizar equipos e programas informáticos aplicados á súa actividade profesional, para elaborar documentación técnica e para procesar datos relativos ó seguimento da planificación de obras.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade indus

trial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: normas e proxectos de construcción.

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver proxectos e supervisa-la realización de planos.

Capacidades terminais elementais

1.1. Determina-lo número de planos que se van realizar, as características ou especificacións necesarias en cada un e a súa orde lóxica de execución.

1.2. Analiza-lo proxecto ou deseño identificando os procesos constructivos, segundo as características do contorno, ou as esixencias de realización.

1.3. Identificar tódolos documentos que compoñen un proxecto e as súas diferentes fases de execución.

1.4. Identifica-las especificacións e a simboloxía necesaria en cada un dos planos, relacionando a información para conseguir unha boa definición e fácil interpretación deles.

1.5. Estudiar e relaciona-los procesos que poidan resultar conflictivos, argumentando e interpretando as posibles solucións.

1.6. Analizar e elabora-lo programa de necesidades de acordo cos requirimentos do cliente.

1.7. Selecciona-la normativa aplicable a cada proxecto, identificando as normas e condicionantes que lle afectan.

1.8. Elabora-lo programa de necesidades definitivo, adaptándoo ós condicionantes impostos e conseguindo un conxunto estético e funcional.

1.9. Elaborar distintos esbozos ou croquis ata consegui-la solución axeitada, acorde coas condicións preescritas.

1.10. Identifica-lo tipo de levantamento que se vai realizar, aplicando as técnicas, método e aparellos axeitados en cada caso.

1.11. Analizar que precisión se require no levantamento, tendo en conta a composición, forma xeométrica e resultado que se desexe obter.

1.12. Identifica-los puntos, elementos notables e datos necesarios que hai que tomar para conseguir un preciso e fiable levantamento.

1.13. Establece-lo sistema de representación, as vistas, seccións e detalles necesarios para definir totalmente os elementos que se vaian representar.

1.14. Realiza-los croquis que han de servir de referencia para a elaboración dos diferentes planos.

1.15. Reflectir nos croquis tódalas medidas necesarias, coa axeitada precisión.

1.16. Aplica-la simboloxía axeitada en cada caso, de acordo coa normativa vixente, ou práctica habitual.

1.17. Analizar cada un dos elementos estructurais dunha edificación, identificando formas e función de cada unha deles.

1.18. Identifica-las características de cada un dos elementos estructurais.

1.19. Analiza-los diferentes tipos de accións que interveñen na edificación.

1.20. Determina-los métodos de cálculo que hai que aplicar e desenvolver en cada caso.

1.21. Elabora-lo deseño estructural de edificacións sinxelas.

1.22. Analiza-los efectos das cargas sobre os elementos estructurais, sintetizando os resultados mediante os diagramas correspondentes.

1.23. Establecer un predimensionamento de acordo coas accións e diagramas previamente establecidos.

1.24. Realiza-los cálculos de elementos estructurais sinxelos, cos métodos axeitados e de acordo coa normativa de aplicación.

1.25. Supervisa-los planos definitorios da estructura, comprobando que cumpren as especificacións técnicas, e se axusten o cálculo realizado.

1.26. Especifica-las instalacións necesarias de acordo co tipo de edificación , o seu contorno, características constructivas e esixencias de índole oficial ou privada.

1.27. Establece-las necesidades e datos de partida que interveñen no proceso de cálculo da edificación.

1.28. Realiza-lo cálculo das distintas instalacións dunha edificación sinxela, mediante o uso de táboas ábacos e programas informáticos.

1.29. Supervisa-los planos definitorios das instalacións, comprobando que cumpren as especificacións técnicas, e adoptan a normativa vixente.

Contidos básicos (duración 255 horas).

Procedementais.

* Normas e documentos para construcción.

-Identificación e ordenación dos diferentes documentos dos proxectos.

-Uso de sistemas de manexo, arquivado e montaxe dos documentos do proxecto.

-Utilización das normas técnicas da edificación.

-Análise do prego de condicións.

* Características constructivas.

-Análise dos espacios, superficies e medidas, e o seu axuste definitivo.

-Análise das relacións de funcionamento e dependencia dos diferentes locais.

-Análise dos problemas constructivos.

-Estudio e identificación da normativa de aplicación nos diferentes tipos de edificios.

* Levantamentos.

-Recoñecemento do lugar.

-Realización de croquis do levantamento.

-Detalles dos elementos singulares.

-Preparación dos útiles de medición.

-Toma de datos.

-Cálculo de libretas.

-Cálculo de erros de peche e tolerancias.

-Realización de replanteos.

* Grafostática.

-Cálculo de polígonos funiculares.

-Cálculo gráfico de cerchas polos diferentes métodos.

* Resistencia de materiais.

-Análise da distribución de cargas.

-Cálculo das reaccións.

-Cálculo de esforzos.

-Realización de diagramas de momentos flectores, esforzos cortantes e esforzos normais.

-Cálculo de momentos de inercia correspondentes a seccións de elementos resistentes.

* Cálculo de estructuras.

-Aplicación da normativa correspondente.

-Dimensionado de resortes e vigas de aceiro laminado.

-Dimensionado de resortes e vigas de formigón.

-Cálculo de zapatas.

-Cálculo de pórticos.

* Aplicación da normativa ó deseño e cálculo de instalacións e abastecementos.

-Deseño das instalacións.

-Aplicación da normativa vixente ó cálculo e construcción das instalacións.

Conceptuais.

* Normas e documentos para a construcción.

-Tipos de proxectos:

-Obra civil.

-Edificación.

-Documentos que compoñen un proxecto:

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Planos.

-Cálculos xustificativos.

-Medicións e orzamentos.

-Normativa de obrigado cumprimento.

* Características constructivas.

-Descrición e funcionamento dos útiles para medición sobre plano.

-Criterios e normas relacionadas coa organización de espacios:

-Normativa de aplicación.

-Orientación, vistas e accesos.

-Programa de necesidades e funcionalidade.

-Características de edificacións:

-Edificios industriais.

-Edificios comerciais.

-Edificios de vivendas.

-Edificios especiais e/ou ornamentais.

-Rehabilitacións.

-Urbanismo.

-Características de obras civís:

-Estradas.

-Urbanizacións.

-Ferrocarrís.

-Terminais de transportes.

-Presas.

-Portos.

-Obras subterráneas.

-Obras subterráneas: depuradoras e colectores.

* Levantamentos.

-Tipos de levantamento:

-Planimétricos.

-Altimétricos.

-Instrumentos de medición.

-Instrumentos auxiliares.

* Grafostática.

-Composición, descomposición e equilibrio de forzas.

-Estructuras trianguladas.

-Momentos estáticos.

-Centro de gravidade.

* Resistencia de materiais.

-Momento de inercia.

-Momento flector.

-Esforzo cortante.

-Momento resistente.

-Fatigas.

-Tipos e efectos das cargas sobre os elementos estructurais.

* Cálculo de estructuras.

-Accións na edificación.

-Cimentos. Clasificación xeral.

-Soportes de aceiro laminado.

-Soportes de formigón.

-Vigas de aceiro laminado.

-Vigas de formigón armado.

-Pórticos.

-Muros de carga e contención.

-Forxados.

* Aplicación da normativa ó deseño e cálculo de instalacións e abastecementos.

-Normativa vixente.

-Compoñentes e simboloxía das diferentes instalacións.

-Instalacións provisionais de obra.

-Instalacións nos edificios:

-Fontanería.

-Baixa tensión.

-Calefacción.

-Saneamento.

-Extracción ventilación.

-Gas.

-Transporte.

-Telefonía.

-Aire acondicionado.

-Instalacións exteriores á edificación:

-Rede de sumidoiros.

-Abastecemento de auga.

-Electricidade.

-Telefonía.

-Gas.

Actitudinais.

* Normas e proxectos de construcción.

-Cumprimento das diferentes normas establecidas.

-Precisión nas medicións.

-Rigor na identificación dos diferentes tipos de edificacións.

-Valoración da importancia de utilizar correctamente os diferentes medios materiais.

-Precisión e orde.

-Precisión na realización de diagramas.

-Rigor na elección do método.

-Valoración da exactitude nos cálculos.

-Valoración da capacidade para estructurar e interrelaciona-las diferentes instalacións que interveñen no edificio.

-Hábito de ter visión de conxunto.

Módulo profesional 2: representacións de construcción.

Asociado á unidade de competencia 2: representa-los planos de proxectos de construcción.

Capacidades terminais elementais

2.1. Analiza-los elementos, conxuntos ou detalles que hai que representar para determina-lo sistema de representación idóneo, así como as vistas, seccións, acotacións e proporcións necesarias para a súa correcta interpretación e posterior representación.

2.2. Analiza-los croquis realizados ou subministrados determinando e emendando posibles carencias de datos ou erros de representación ata conseguir que a interpretación sexa a correcta.

2.3. Consegui-la fluidez necesaria na representación dos diferentes croquis, de acordo coa normativa e a boa práctica.

2.4. Representar de forma correcta, diferenciando e enumerando os elementos principais, interpretando e aplicando unha simboloxía correcta e adaptada, na medida do posible, á normalización existente.

2.5. Coas medidas reflectidas nos croquis, realiza-los cálculos de superficies e volumes, usando o método mais apropiado segundo a precisión requirida, obtendo os resultados que sirvan de base para o axuste definitivo.

2.6. Analiza-lo grao de cumprimento das premisas de deseño previas, así como das alteracións substanciais das que dependen posteriores actuacións.

2.7. Analiza-los croquis definitivos adaptados para obter unha visión de conxunto dos elementos que se van representar, repasando e comprobando a existencia de erros na representación ou nas acotacións.

2.8. Establece-la forma de reparto, representación, tamaño, orde de execución, soporte, número de planos e diferente material que se vai usar na representación do proxecto.

2.9. Analiza-lo conxunto do debuxo que hai que realizar en cada plano, concretando o sistema de representación e formatos idóneos, así como a escala

óptima en función dos elementos que se van representar.

2.10. Establece-lo método de traballo, analizando as vantaxes e inconvenientes entre a representación clásica e a informatizada ou mixta, escollendo a máis axeitada para a realización dos planos do proxecto.

2.11. Selecciona-la información, normativa, simboloxía e datos técnicos que se deben incorporar en cada un dos planos dun proxecto.

2.12. Debuxar planos xerais e de detalle, coas escalas e acoutacións axeitadas, tendo en conta o destino final dos deseños e a súa utilización na obra.

2.13. Supervisa-los planos do proxecto, comprobando a súa correcta execución, a definición do conxunto e a correspondencia de datos en todos eles.

2.14. Realiza-la reproducción e encarpetado, así como o arquivado e salvagardado dos distintos documentos dun proxecto, en función do método usado na súa realización.

2.15. Organiza-lo sistema de distribución, formato de intercambio do material elaborado.

Contidos básicos (duración 350 horas) .

Procedementais.

* Útiles, procedementos e normas de debuxo.

-Análise e debuxo de elementos constructivos sinxelos.

-Representación de elementos característicos en construcción, elixindo a escala e tipo de papel idóneo.

-Estudio e representación de arcos e molduras.

-Debuxo de simboloxía usada frecuentemente en construcción.

-Acotación de debuxos.

* Aplicación dos sistemas de representación.

-Análise e representación de edificacións en esquema, relacionando as diferentes vistas e seccións.

-Representacións de edificacións sinxelas nos sistemas máis convenientes.

-Representación de detalles constructivos.

-Análise e corrección de debuxos con erros de representación.

-Representación de planos topográficos con explanacións, desmontes, terrapléns, perfís...

-Resolución de cubertas.

* Levantamentos, toma de datos e realización de croquis.

-Realización de croquis e levantamentos de plantas de edificios ou de calquera tipo de construcción de forma clara e concisa.

* Planos compoñentes dun proxecto.

-Realización de planos de situación e localización, analizando a normativa que afecte en cada caso.

-Realización de estudios de ordenación de espacios con distintos supostos.

-Realización de planos de fachadas e seccións de edificacións.

-Deseño de elementos de acceso e comunicación nas edificacións.

-Deseño e representación de estructuras de edificacións sinxelas, coordinando os datos e especificacións necesarias nos diferentes planos.

-Realización dos planos das diferentes instalacións en edificación, aplicando a normativa correspondente.

-Análise e realización de detalles constructivos, aplicando a normativa NTE e as normas de boa construcción.

-Realización de planos de presentación de edificacións:

-Perspectiva axonométrica.

-Perspectiva cónica.

-Encadernación dun proxecto realizado.

* O contorno informático.

-Sistema operativo:

-Creación, supresión, cambio de directorios.

-Uso dos comandos internos.

-Uso dos comandos externos.

-Uso de comodíns.

-Ordes básicas de CAD:

- Realización de exercicios sinxelos (creación de bibliotecas de símbolos).

-Aplicación do CAD:

-Realización de exercicios sinxelos (creación de detalles constructivos), para o seu posterior uso na execución de planos.

-Realización dos planos do proxecto dunha edificación sinxela.

-Dixitalización de planos.

-Personalización:

-Creación de abreviaturas de ordes.

-Creación de tipos de liñas.

-Creación de patróns de sombreado.

-Creación dun menú de tableiro.

-Creación dun menú despregable.

-Introducción a 3D.

-Modelado dun proxecto realizado.

Conceptuais.

* Útiles, procedementos e normas de debuxo.

-Útiles de debuxo.

-Tipos de papeis.

-Formatos normalizados.

-Tipos e grupos de liñas.

-Rotulación normalizada.

-Sistemas de acotación.

-Escalas gráficas.

-Escalas de ampliación e reducción.

-Métodos de resolución de tanxencias.

-Enlaces e unións.

-Arcos.

-Molduras.

* Aplicación dos sistemas de representación.

-Sistema diédrico.

-Fundamentos.

-Representación de elementos.

-Seccións.

-Interseccións.

-Sombras.

-Sistema axonométrico.

-Fundamentos.

-Tipos de axonometrías.

-Coeficientes de reducción.

-Planos acoutados.

-Fundamentos.

-Cota, altitude.

-Pendente, intervalo.

-Curvas de nivel.

-Interseccións.

-Sistema cónico.

-Fundamentos.

-Perspectiva de fronte.

-Perspectiva oblicua.

* Levantamentos, toma de datos e realización de croquis.

-Realización de croquis.

-Métodos e técnicas.

-Proporcións.

-Puntos notables.

-Levantamentos.

-Utensilios de medición.

-Métodos de medición.

* Planos compoñentes dun proxecto.

-Situación e localización.

-Normas urbanísticas.

-Edificabilidade.

-Distribución, cotas, fachadas e seccións.

-Funcionalidade.

-Orientación.

-Normas xerais de edificación.

-Simboloxía de mobiliario e espacio necesario.

-Normas e criterios sobre ordenación de espacios.

-Normas NTE.

-Estructurais.

-Cimentacións.

-Forxados.

-Despezamento de vigas.

-Detalles.

-Normativa EH.

-Instalacións.

-Normativa básica das diferentes instalacións.

-Compoñentes das instalacións comúns.

-Simboloxía empregada nos diferentes planos das instalacións.

-Detalles.

-Normas NTE.

-Reproducción e arquivo.

-Técnicas de reproducción.

-Sistemas de arquivado.

-Técnicas e métodos de arquivado.

* O contorno informático.

-Sistemas informáticos.

-Sistemas operativos.

-Deseño asistido.

-Procedementos de entrada de datos.

-Tipos de menús.

-Sistemas de coordenadas.

-Medios de referencia.

-Edición.

-Visualizacións.

-Capas, cores e tipos de liñas.

-Bloques e atributos.

-Acotación.

-Métodos de traballo.

-Espacio modelo.

-Espacio papel.

-Importación e exportación.

-Referencias externas.

-Debuxo e edición en 3D.

-Personalización.

-Impresión.

-Plotters.

-Impresoras.

Actitudinais.

* Representacións de construcción.

-Hábito de mante-los útiles de debuxo en perfecto estado de funcionamento e limpeza.

-Rigor na elección das escalas convenientes de acordo cos elementos que se van representar, así como os formatos idóneos e planificación da distribución dos debuxos no plano.

-Esmero na utilización e conservación dos medios materiais.

-Constancia na análise dos elementos que se van representar elixindo o sistema máis conveniente.

-Atención á elección de vistas, seccións e datos suficientes e necesarios para que o elemento que se vai representar quede definido.

-Valoración da importancia de avalia-lo elemento que se vai levantar analizando formas e sintetizando os datos necesarios de maneira que a interpretación sexa correcta.

-Valoración dos aspectos fundamentais como a funcionalidade e orientación na ordenación de espacios.

-Esmero e limpeza na realización dos traballos, analizando se a representación é correcta e se o plano contén os datos necesarios para a posterior execución material.

-Utiliza-los equipos informáticos e o contorno CAD como un útil que nos simplifique os traballos repetitivos, para conseguir unha mellora do producto en canto a calidade e rapidez de execución.

-Hábito de utilizar e conserva-los medios materiais con esmero.

Módulo profesional 3: medicións e valoracións.

Asociado á unidade de competencia 3: medir e certificar unidades de obra.

Capacidades terminais elementais

3.1. Estudiar un proxecto e interpreta-la información contida en cada un dos distintos documentos, recoñecendo os materiais e procesos constructivos e elaborando unha lista de capítulos segundo a orde cronolóxica de execución.

3.2. Recoñece-la simboloxía utilizada nos diferentes planos como base para a medición.

3.3. Identifica-las diferentes unidades de obra que interveñen no proxecto, clasificándoas nos respectivos capítulos.

3.4. Describi-las unidades de obra, tendo en conta materiais, procesos constructivos, medios necesarios e o criterio de medición axeitado.

3.5. Realiza-las operacións de medición asociando elementos, seguindo unha orde lóxica e realizando os cálculos numéricos necesarios.

3.6. Analizar e compara-las unidades de obra realizadas co especificado na documentación de medicións e materiais do proxecto.

3.7. Defini-lo criterio de medición axeitado en cada unidade de obra.

3.8. Realiza-la operación de medición empregando os aparellos de medida e útiles necesarios.

3.9. Realiza-los cálculos numéricos necesarios para obte-las cantidades parciais e totais de cada unidade.

3.10. Determina-lo cadro de resultados, ordenando as unidades de obra nos seus capítulos correspondentes.

3.11. Identificar e lista-los prezos unitarios dos diferentes elementos que interveñen en cada unidade de obra.

3.12. Recoñecer e establece-los diferentes tipos de prezos auxiliares que son necesarios en cada unidade de obra.

3.13. Confeccionar a descomposición do prezo para cada unidade de obra, realizando as operacións e cálculos numéricos precisos para obte-lo seu importe.

3.14. Verificar que a cada unidade de obra se lle aplicou o seu correspondente prezo.

3.15. Realiza-lo orzamento de execución material dun proxecto.

Contidos básicos (duración 110 horas).

Procedementais.

* Medicións.

-Análise e estudio do documento de medicións dun proxecto sinxelo, vendo a súa estructuración e ordenación de capítulos, e a súa relación cos demais documentos compoñentes do proxecto.

-Análise do contido de diversas unidades de obra redactadas, identificando o criterio e normas de medición axeitadas en cada caso.

-Realización da lista dos materiais compoñentes das diferentes unidades de obra.

-Elaboración das diferentes unidades de obra que definen unha edificación ou construcción.

-Realización da medición das unidades de obra necesarias nunha edificación.

* Cadros de prezos.

-Análise do prezo descomposto das diferentes unidades de obra dunha edificación, relacionando e identificando os seus apartados na documentación gráfica e a unidade de obra descrita.

-Realización de prezos auxiliares sinxelos.

-Cálculo do custo de man de obra dunha cuadrilla de traballadores.

-Realización de prezos descompostos de unidades de obra relevantes.

-Actualización e comparación de diferentes descompostos mediante a consulta de prezos e catálogos comerciais.

* Orzamentos.

-Aplicación dos prezos correspondentes ás distintas unidades de obra dunha medición, obtendo o custo dos diferentes capítulos.

-Valoración de partidas alzadas.

-Realización do orzamento de execución material dunha edificación ou outro tipo de construcción.

-Realización do orzamento de contrata dunha edificación ou outro tipo de construcción no suposto de encontrarse nunha empresa constructora ficticia.

* Medicións de obra.

-Realización da medición das diferentes unidades de obra executadas.

-Realización da medición de unidades de obra, no suposto de que sexa oculta ou inaccesible.

-Realización de certificacións (mensuais) no suposto dunha obra en execución.

-Aplicación da fórmula de revisión de prezos nun orzamento.

Conceptuais.

* Medicións.

-Medición.

-Unidade de obra.

-Integración de unidades de obra en capítulos.

-Secuencia lóxica de capítulos.

-Clases de medicións.

-Unidades e criterios de aplicación:

-Medición unitaria.

-Medición de lonxitude.

-Medición de volume.

-Medición por peso.

-Medición de partida alzada.

-Criterios de orde na realización de medicións.

-Táboa de medicións.

* Cadros de prezos.

-Prezos unitarios:

-Simples.

-Compostos.

-Prezos auxiliares:

-Amortización.

-Conservación.

-Mantemento.

-Implantación en tarefa traballo.

-.....

-Custo de man de obra:

-Directa.

-Indirecta.

-Prezo descomposto:

-Materiais.

-Man de obra directa.

-Medios auxiliares.

-Man de obra indirecta.

-Perdas.

-Revisión de prezos.

* Orzamentos.

-Tipos de orzamentos:

-Orzamento de proxecto.

-Orzamento de execución material.

-Orzamento de contrata.

-Beneficio industrial.

-Gastos xerais.

-IVE.

* Medicións en obra.

-Modalidades e criterios de medición en obra:

-Unidades.

-Lineais.

-Superficie.

-Volume.

-Partida de alzada.

-A obra feita.

-Útiles de medición en obra.

-Métodos de medición en obra.

-Certificacións.

-Prezos contradictorios.

Actitudinais.

* Medicións.

-Meticulosidade, orde e exactitude na elaboración das medicións.

-Claridade e síntese na descrición das unidades de obra.

-Preocupación por incluí-las diferentes unidades de obra no seu capítulo correspondente.

* Cadros de prezos.

-Rigor na provisión de datos e información de prezos actuais para a súa inclusión nos descompostos.

-Meticulosidade e exactitude na obtención de prezos auxiliares e descompostos.

* Orzamentos.

-Orde e exactitude na elaboración dos orzamentos.

-Honradez e ética na elaboración dos orzamentos.

* Medicións en obra.

-Meticulosidade, orde e exactitude na medición de obra executada.

-Actitude de honradez e ética na realización de certificacións.

Módulo profesional 4: plans de obra.

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-lo seguimento da planificación de obra.

Capacidades terminais elementais

4.1. Determina-las distintas actividades que interveñen na execución da obra, para ordenalas cronoloxicamente.

4.2. Establece-los equipos e máquinas necesarias para o desenvolvemento de cada actividade e execución material dela.

4.3. Establece-los recursos humanos necesarios para o desenvolvemento de cada actividade e execución material da mesma.

4.4. Calcula-lo material necesario para a execución de cada actividade precisando o stock mínimo en obra e as datas de subministración.

4.5. Elaborar esquemas de distintos métodos de execución de cada unidade de obra para unha posible optimización do proceso.

4.6. Calcula-lo tempo de execución de cada actividade en función das características dos elementos e procesos constructivos que interveñen neles.

4.7. Elaborar táboas que permitan interpretar, resumir e ordena-los datos dos diferentes planos de obra (almacén, man de obra, equipos...) para o seu procesamento.

4.8. Realiza-las operacións de medición das unidades de obra executadas dentro das distintas actividades.

4.9. Relacionar e cotexa-los datos das táboas co volume de obra executada, calculando os rendementos e comprobando posibles desviacións no programa.

4.10. Axusta-los custos e tempos unitarios das distintas unidades de obra á programación prevista.

4.11. Identificar e describi-las actividades que se necesitan programar de acordo co proxecto ou obra que se vai realizar.

4.12. Realizar diagramas de obra expresando e relacionando as actividades, sucesos e secuenciacións que interveñen nela.

4.13. Executa-la programación de obra aplicando métodos informáticos.

Contidos básicos (duración 125 horas).

Procedementais.

* Planificación. Fases e proceso.

-Análise dun proxecto, no que compete ás distintas fases de obra.

-Descomposición pormenorizada das distintas fases dos traballos que se van realizar.

-Procedementos para medir e estimar tempos e custos de obra.

-Descomposición do proxecto en unidades de obra.

-Desagregación das principais actividades e unidades de obra que van ser obxecto de seguimento.

-Establecemento de relacións entre tódolos elementos da obra que se vai realizar, cos medios dos que se dispón para levala a cabo: maquinaria, ferramenta, recursos humanos...

* Técnicas de programación e control de tempos de custos.

-Análise das diferentes fases de execución dun PERT:

-Asignación de actividades os diferentes tipos de obra.

-Interrelacións das distintas actividades e sucesos, así como a súa ordenación no tempo.

-Realización e seguimento dos diferentes diagramas e redes que se poden dar nunha obra específica.

-Reaxuste dos diagramas anteriores en función do seguimento da obra realizada.

-Establecemento dos custos de execución da obra realizada.

-Establecemento dos custos de execución das actividades.

-Concreción dun plano para o control de tempos e/ou custos, tendo en conta as variables que puideran xurdir.

-Análise das posibles melloras e optimización en tempo e/ou custos, e as súas repercusións na calidade final.

* Configuración dos procesos de construcción.

a) Edificación.

-Realización de consideracións xerais.

-Establecemento das principais actividades que hai que planificar para o seguimento da obra.

-Estudio de tempos e custos.

-Feitos diferenciais que afectan a cada tipo constructivo: seguridade, elementos constructivos, ferramentas, maquinaria e man de obra.

b) Obra civil.

-Realización de consideracións xerais.

-Establecemento das principais actividades que hai que planificar para o seguimento da obra.

-Estudio de tempos e custos.

-Feitos diferenciais que afectan a cada tipo: seguridade, elementos constructivos, ferramentas, maquinaria e man de obra.

-Ordenación das diferentes actividades e tarefas que hai que desenvolver nos apartados relacionados.

-Asignación de medios, ferramentas, maquinaria e man de obra, así como de seguridade e auxiliares que interveñen na realización das distintas tarefas e actividades.

-Establecemento dos posibles puntos críticos dende o seguimento da planificación.

-Realización das medicións precisas para poder establece-los diferentes controis de seguimento.

* Aplicación do PERT á planificación de obras.

-Aplicación da informática á planificación de obras.

-Aplicación ó proxecto de construcción dunha obra de edificación:

-Sobre un suposto práctico de execución dunha obra de vivenda unifamiliar:

Realización da planificación dela, especificando:

-Fases, actividades e tarefas en que se descompón.

-Realización do diagrama de secuencia de operacións e actividades críticas.

-Elaboración de informes cos obxectivos alcanzados.

-Asignación de medios auxiliares e de seguridade, maquinaria, ferramenta e man de obra.

-Resolución dos imprevistos e comparación dos resultados cos inicialmente previstos, elaborando os informes correspondentes.

-Aplicación ó proxecto de construcción dunha obra civil:

-Sobre un suposto práctico de execución dunha obra de construcción dun vial:

-Realización da planificación da mesma especificando:

-Fases, actividades e tarefas nas que se descompón.

-Elaboración de informes cos obxectivos alcanzados.

-Realización do diagrama de secuencia das operacións e actividades críticas.

-Asignación de medios auxiliares e de seguridade, maquinaria, ferramenta e man de obra.

-Resolución dos imprevistos e comparación dos resultados cos inicialmente previstos elaborando os informes correspondentes.

Conceptuais.

* Planificación. Fases e proceso.

-Definición de:

-Fases de proxecto ou de obra: información, creación, execución e control.

-Tarefas.

-Unidades de obra.

-Recursos.

-Tempos.

-Control de cambios.

-Informes de situación.

-Fases de desenvolvemento:

-Definición dos requirimentos.

-Desenvolvemento dos distintos programas: provisión de materiais, maquinaria, subcontratas, financiamento.

-Preparación dun plano de traballo.

-Métodos de estimación dos esforzos e tempos empregados.

-Validación das estimacións previas.

-Determinación e balance dos recursos.

-Elección do plano de traballo máis idóneo.

* Técnicas de programación e control de tempos e custos.

-O PERT:

Xeneralidades:

-Principios básicos.

-Sistemas de programación.

-Actividades virtuais.

-Sucesos ou acontecementos.

-Redes e retículos.

-Diagramas de precedencias.

-Diagrama de Gantt.

-Formación de redes:

-Rede directora.

-Rede parcial.

Tempos:

-Cálculo de tempos:

a) Normal, optimista e esperado.

b) Comezo, folguras, actividades críticas e hipercríticas.

-Distribución de probabilidades. Factor calendario.

-Camiño crítico, semicrítico e marxinal.

-Melloramento de tempos.

-Custos:

-Relación tempo/custo.

-Control de tempos.

-Control de custos.

* Configuración dos proxectos de construcción.

a) edificación:

-Tipos de construccións: características fundamentais de Edificación:

-Edificios industriais.

-Edificios de usos comerciais.

-Edificios de vivendas.

-Edificios destinados a servicios.

-Rehabilitación.

b) obra civil:

-Tipos de construccións: características fundamentais de obra civil:

-Estradas.

-Ferrocarrís.

-Terminais de transporte.

-Presas.

-Canles.

-Portos e praias.

-Conduccións lineais.

-Obras subterráneas.

-Obras sanitarias e ecolóxicas.

-Secuencias dos procesos constructivos de :

-Demolicións.

-Movementos de terras.

-Firmes.

-Vías férreas.

-Cimentacións especiais.

-Obras marítimas e hidráulicas.

-Obras de formigón.

-Drenaxes e saneamentos.

-Cerramentos e particións.

-Revestimentos.

-Estructuras metálicas.

-Estructuras mixtas.

-Estructuras de madeira.

-Instalacións.

-Abastecementos.

* Aplicación do PERT á planificación de obras.

-Iniciación ó programa CA superproject ou similar.

Actitudinais.

* Planos de obra.

-Orde e precisión na realización dos distintos procesos.

-Rigorosidade no cálculo.

-Comportamento lóxico na planificación das diferentes fases.

-Valoración da importancia de realizar unha organización axeitada das distintas secuencias de traballo.

-Precisión nos cálculos de tempo e man de obra.

-Hábito de axeita-los descompostos ás necesidades reais.

Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

5.1. Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

5.2. Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

5.3. Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.

5.4. Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

5.5. Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

5.6. Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

5.7. Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

5.8. Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

5.9. Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

5.10. Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

5.11. Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

5.12. Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

5.13. Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os planos de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

. Identificación dos distintos tipos de empresas.

. Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

. Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

. Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

. Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

. Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

. A partir duns datos concretos, cubri-los seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

. Interpretación dos diferentes documentos contables.

. Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

. Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

. Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

. Cubri-la folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

. Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

. Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Conceptuais.

* A empresa e o seu contorno.

. Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

. Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

* Normas xurídicas das empresas.

. A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

* Xestión de constitución dunha empresa.

. Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

* Xestión do persoal.

Tipos de contratos laborais.

Réxime de autónomos.

Retribución salarial.

Cotizacións á Seguridade Social.

* Xestión administrativa.

Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

Os libros contables e contas anuais.

Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

* Xestión comercial.

O producto ou servicio: características e requisitos.

A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

A distribución do producto: canles e modalidades.

A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

* Obrigas fiscais.

O calendario fiscal.

Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

Liquidación do IVE.

Liquidación do IRPF.

Actitudinais:

. Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

. Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

. Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

. Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

. Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

. Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

. Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

. Aportación de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

. Motivación no establecemento do plano de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 6: proxecto de edificación.

Capacidades terminais elementais

6.1. Relaciona-la normativa, tanto municipal como xeral, coas instruccións de obrigado cumprimento, técnicas ou legais, con tódolos parámetros necesarios para a realización do proxecto.

6.2. Determina-los planos necesarios para defini-lo proxecto ou obra que se vai executar, establecendo a orde e características de cada un deles.

6.3. Distribuí-las cargas de traballo, segundo a especialización dos recursos humanos e do tempo dispoñible.

6.4. Verifica-lo traballo realizado, supervisando o desenvolvemento e execución da documentación gráfica do proxecto.

6.5. Identifica-las partes ou elementos da edificación que sexa necesario representar en detalle, seleccionando os materiais, formas e procesos constructivos idóneos.

6.6. Analiza-la tipoloxía constructiva de elementos que hai que empregar na execución da obra, determinando e realizando listas de materiais que hai que empregar segundo a función de cada elemento.

6.7. Analiza-los croquis xerais da edificación para determinar e deseña-lo sistema estructural máis idóneo.

6.8. Solicita-los datos necesarios, segundo o método establecido para determina-las premisas e parámetros previos ó cálculo da estructura.

6.9. Realizar cálculos básicos a partir do predimensionado como complemento ó cálculo de estructuras.

6.10. Realiza-lo deseño das distintas instalacións de edificios sinxelas, así como cálculos básicos como complemento ó cálculo de instalacións e abastecementos de edificacións.

6.11. Analiza-los datos, croquis ou deseños xerais da edificación, para determina-lo que se vai representar en cada plano.

6.12. Elixi-lo sistema de representación máis idóneo en función do elemento ou parte da edificación que se vai representar.

6.13. Determina-la escala que se vai empregar na representación, así como as características técnicas e simboloxía que sexa necesario incluír no plano.

6.14. Determina-lo formato idóneo de cada plano e elixi-lo soporte axeitado.

6.15. Realiza-lo plano cunha boa calidade de trazado, encadramento, limpeza e rotulación normalizada.

6.16. Realiza-las acotacións de forma correcta coa calidade suficiente, comprobando cotas parciais e totais.

6.17. Selecciona-lo procedemento e útiles de debuxo máis axeitados ó tipo do debuxo e do proxecto.

6.18. Analiza-las partes ou elementos da edificación que sexan obxecto de representar en detalle e propoñer solucións constructivas de acordo co sistema estructural, materiais que se van empregar e custo previsible.

6.19. Realiza-los croquis coas solucións constructivas para a súa posterior elaboración nos planos.

6.20. Revisa-las solucións constructivas e comprobar que se axustan á normativa, o programa de necesidades e a boa práctica da construcción.

6.21. Establece-los datos técnicos e información que se debe incorporar ós planos de detalles constructivos, para que a execución da obra se axuste ó proxectado.

Contidos básicos (duración 285 horas).

a) Desenvolvemento dun proxecto de edificación dunha vivenda unifamiliar illada, en parcela sita en zona urbana residencial dotada de servicios de auga, rede de sumidoiros, electricidade, gas e telefonía a pé de obra.

Procedementais.

* Análise e toma de datos previos.

-Toma de datos sobre situación e localización.

-Realización de croquis, medición e plano de parcela.

-Anotación das acometidas e localización delas.

-Orientación e vistas dominantes.

* Normativa de aplicación.

-Recompilación da normativa: urbanística, local, autonómica, tecnolóxica, básica, técnica e outras de aplicación no proxecto.

* Encargo, programa e identificación das necesidades.

-Identificación das necesidades funcionais, estéticas e de relación.

-Elaboración dun programa de necesidades: número de plantas, dependencias, superficies, acceso, orientación, vistas, preferencias.

-Adaptación do programa á normativa.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración.

-Análise e grao de implicación dos condicionantes que impoñen as normativas.

-Establecemento de diferentes alternativas de ordenamento do programa de necesidades.

-Elección da solución máis acorde entre os diferentes esbozos.

-Realización do anteproxecto en esquema co axuste definitivo.

* Composición e organización do proxecto.

-Ordenación e proceso de seguimento:

-Fase previa: organización e recompilatoria.

-Fase teórica: documentación escrita.

-Fase práctica: materialización de planos.

* Memoria descritiva.

-Realización da memoria:

1) Obxecto e exposición.

2) Programa e superficies.

3) Xustificación do cumprimento da normativa urbanística.

4) Características e materiais constructivos.

5) Anexos á memoria.

* Prego de condicións.

-Descrición do prego de condicións:

-De índole facultativa.

-De índole técnica.

-De índole económica.

-De índole legal.

-Análise da documentación. Implicación dela no proceso constructivo da obra.

* Confección de planos.

A) Plano de situación e localización:

-Obtención de información cartográfica e urbanística da parcela.

-Realización de croquis, medición e plano de situación e localización da parcela.

-Reflexo nos planos das acometidas existentes, ou dos seus posibles puntos de captación e depuración dentro da parcela.

B) Plano de replanteo e planta urbanizada.

-Orixe e distancia a lindeiros e vías de comunicación. Elaboración do plano de replanteo. Acotación parcial e a orixe.

-Elaboración da planta xeral de vivenda e predio urbanizado.

C) Plano de cimentación e saneamento.

-Cadro de características técnicas.

-Cálculo de cimentación.

-Distribución e cálculo de saneamento enterrado.

-Detalle de fosa séptica.

-Debuxo do plano de planta.

-Plano de detalles de cimentación e saneamento.

D) Planos de estructura.

-Resolución esquemática das estructuras. Apoios, direccións de forxados.

-Dimensionado dos diferentes elementos estructurais por medio de táboas e ábacos.

-Despece de vigas e cadro de piares. Cadro de características técnicas.

-Detalles de estructura.

-Debuxo dos diferentes planos de estructuras.

E) Planos de distribución, cotas e amoblamento.

-Ordenación das plantas. Distribución por plantas.

-Desenvolvemento en detalle das plantas do anteproxecto, reflectindo: accesos, usos, amoblamento e cotas de nivel.

-Forma e detalle de acotación.

-Realización dos diferentes planos de cotas.

-Copias, reproductibles ou recuperación informática das plantas anteriores para a realización do plano de acotación.

F) Planos de cuberta.

-Resolución da cuberta elixida.

-Elementos saíntes sobre cuberta.

-Representación gráfica do conxunto.

G) Planos de alzados.

-Representación gráfica de plantas de alzado principal, posterior e laterais.

-Simboloxía. Sombras propias e proxectadas aplicadas nos alzados.

H) Planos de seccións.

-Utilización da simboloxía axeitada na representación das seccións.

-Á vista das plantas, realiza-las seccións necesarias para a súa correcta definición.

I) Planos de instalacións.

-Realización de esquemas das instalacións, empregando a simboloxía axeitada.

-Obtención dos cálculos das diferentes instalacións de forma simplificada.

-Debuxos de detalles.

-Aplicación práctica da normativa ós planos.

J) Planos de memoria e despezamento de carpintería.

-Elección dos elementos a detallar. Alzados e seccións. Escalas recomendadas.

-Realización dos diferentes planos de memoria e despezamento de carpintería.

K) Planos de detalles.

-Elección das escalas axeitadas.

-Realización dos planos de detalle necesarios. Denominación de cada elemento.

L) Perspectiva cónica.

-Representación en perspectiva cónica exterior dunha vivenda unifamiliar.

* Medicións e orzamento.

-Medición detallada de cada partida.

-Resumo de partidas.

-Elaboración dos diferentes cadros de prezos:

-Unitarios.

-Auxiliares.

-Man de obra.

-Maquinaria.

-Descompostos.

-Orzamento xeral: execución material e de contrata.

Conceptuais.

* Análise e toma de datos previos.

-Datos necesarios para a definición do proxecto.

* Normativa de aplicación.

-Influencia da normativa na definición do proxecto.

* Composición e organización do proxecto.

-Definición dos documentos que compoñen o proxecto e o seu ordenamento no proceso de execución:

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Realización dos distintos planos do proxecto.

-Realización de medicións e orzamento.

* Memoria descritiva.

-Función da memoria descritiva na realización do proxecto.

* Prego de condicións.

-Función do prego de condicións na realización do proxecto.

* Confección de planos.

C) Plano de cimentación e saneamento.

-Elección do sistema de cimentación en función de: características do terreo, coeficientes de traballo e seguridade. Hipóteses de cargas.

D) Planos de estructura.

-Hipóteses e bases de cálculo que hai que utilizar. Coeficientes de seguridade.

E) Planos de distribución, cotas e amoblamento.

-Funcionalidade, orientación e normas xerais de edificación.

F) Plano de cuberta.

-Tipos de cuberta. Pendentes, vertentes e material de cubicación.

G) Panos de alzados.

-Determinación dos materiais que inflúen no debuxo de alzados: altura entre plantas, modulación e medida de ocos, materiais, fisionomía, volumes externos.

H) Planos de seccións.

-Determinación dos parámetros que inflúen no debuxo das seccións: alturas, cubertas, materiais compositivos.

I) Planos de instalacións.

-Normativa de aplicación (NTE e básicas) das seguintes instalacións:

-Electricidade.

-Fontanería, desaugadoiros e saneamento.

-Calefacción e A.C.S.

-Telefonía.

-Instalación de TV e AM-FM.

J) Planos de memoria, despezamento e carpintería.

-Identificación e diferenciación dos tipos de carpinterías.

-Nomenclatura axeitada en cada caso.

K) Planos de detalles.

-Identificación e estudio dos materiais que compoñen as partes que hai que detallar.

-Medidas e técnicas constructivas.

L) Perspectiva cónica.

-Punto de vista e plano do cadro.

* Medicións e orzamento.

-Impresos axeitados para medicións.

-Forma de ordenación da medición por capítulos e numeración das diferentes partidas.

Actitudinais.

* Análise e toma de datos previos.

-Rigor na observación, identificación e toma de datos.

* Normativa de aplicación.

-Preocupación pola busca e correcta aplicación da normativa.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración.

-Valoración da capacidade de síntese e aplicación.

* Composición e organización do proxecto.

-Orde e correcta distribución do traballo, así como do tempo necesario para a súa correcta elaboración.

* Memoria descritiva.

-Axeitada exposición e redacción, así como claridade e orde na descrición da memoria.

* Confección de planos.

-Constancia na adquisición de destreza no manexo dos útiles de debuxo e representación.

-Correcta distribución dos debuxos. Limpeza e orde.

-Atención a unha axeitada visión espacial.

-Correcta distribución e ordenación do mobiliario.

-Visión espacial do conxunto volumétrico na aplicación do sistema diédrico.

-Esmero, orde e prioridades na distribución das instalacións, así como a interrelación entre eles.

-Hábito de realizar unha correcta identificación e aplicación dos materiais e técnicas empregadas, en función do documento que hai que detallar.

-Orde e precisión na medición e nas realizacións dos cálculos.

b) Desenvolvemento dun proxecto de edificio industrial, nunha nave almacén sobre parcela sita en zona urbana industrial, dotada dos servicios de auga, rede de sumidoiros, electricidade, gas e telefonía a pé da parcela.

Procedementais.

* Análise e toma de datos previos.

-Toma de datos sobre situación e localización.

-Realización de croquis, medición e plano de parcela.

-Anotación das acometidas e situación delas.

-Orientación.

* Normativa de aplicación.

-Recompilación da normativa: urbanística, local, autonómica, tecnolóxica, básica, técnica e outras de aplicación no proxecto.

* Encargo, programa e identificación das necesidades.

-Identificación das necesidades funcionais, estéticas e de relación.

-Establecemento dun programa de necesidades: número de plantas, dependencias, superficies, acceso, orientación.

-Adaptación do programa á normativa.

-Tipo de industria ou destino previsto.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración.

-Análise e grao de implicación dos condicionantes que impoñen as normativas.

-Establecemento de diferentes alternativas de ordenamento do programa de necesidades.

-Elección da solución máis acorde entre os diferentes esbozos.

-Realización do anteproxecto en esquema co axuste definitivo.

-Análise das condicións particulares da industria.

* Composición e organización do proxecto.

-Ordenación e proceso de seguimento:

-Fase previa: organización e recompilatoria.

-Fase teórica: documentación escrita.

-Fase práctica: materialización de planos.

* Memoria descritiva.

-Realización da memoria:

1) Obxecto e exposición.

2) Programa e superficies.

3) Xustificación do cumprimento da normativa urbanística.

4) Características e materiais constructivos.

5) Anexos á memoria.

6) Xustificación do cumprimento da normativa particular da industria.

* Prego de condicións.

-Descrición do prego de condicións:

-De índole facultativa.

-De índole técnica.

-De índole económica.

-De índole legal.

-Análise da documentación. Implicación da mesma no proceso constructivo da obra.

* Confección de planos.

A) Plano de situación e localización:

-Obtención de información cartográfica e urbanística da parcela.

-Realización de croquis, medición e plano de situación e emprazamento da parcela.

-Reflexo nos planos das acometidas existentes, ou dos seus posibles puntos de captación e depuración dentro da parcela.

B) Plano de replanteo e planta urbanizada.

-Orixe e distancia a lindeiros e vías de comunicación. Elaboración do plano de replanteo. Acoutación parcial e a orixe.

-Elaboración da planta xeral da nave industrial e predio urbanizado.

C) Plano de cimentación e saneamento.

-Cadro de características técnicas.

-Cálculo de cimentación.

-Distribución e cálculo de saneamento enterrado.

-Detalle de fosa séptica e sistema de depuración.

-Debuxo do plano de planta.

-Plano de detalles de cimentación e saneamento.

D) Planos de estructura.

-Resolución esquemática das estructuras. Apoios, direccións de forxados.

-Dimensionado dos diferentes elementos estructurais por medio de táboas e ábacos.

-Despezamento de vigas e cadro de piares. Cadro de características técnicas.

-Detalles de estructura.

-Debuxo dos diferentes planos de estructuras.

-Pórticos, cerchas e dimensionamento.

E) Planos de distribución, cotas e amoblamento.

-Ordenación das plantas. Distribución por plantas.

-Desenvolvemento en detalle das plantas do anteproxecto, reflectindo: accesos, usos, amoblamento e cotas de nivel.

-Forma e detalle de acotación.

-Realización dos diferentes planos de cotas.

-Copias, reproductibles ou recuperación informática das plantas anteriores para a realización do plano de acotación.

F) Planos de cuberta.

-Elementos saíntes sobre cuberta.

-Representación gráfica do conxunto.

G) Planos de alzados.

-Representación gráfica de plantas de alzado principal, posterior e laterais.

-Simboloxía. Sombras propias e arroxadas aplicadas nos alzados.

H) Planos de seccións.

-Utilización da simboloxía axeitada na representación das seccións.

-Á vista das plantas, realiza-las seccións necesarias para a súa correcta definición.

I) Planos de instalacións.

-Realización de esquemas das instalacións, empregando a simboloxía axeitada.

-Obtención dos cálculos das diferentes instalacións de forma simplificada.

-Debuxos de detalles.

-Aplicación practica da normativa ós planos.

J) Planos de memoria e despezamento de carpintería.

-Elección dos elementos que hai que detallar. Alzados e seccións. Escalas recomendadas.

-Realización dos diferentes planos de memoria e despezamento de carpintería.

K) Planos de detalles.

-Elección das escalas axeitadas.

-Realización dos planos de detalle necesarios. Denominación de cada elemento.

L) Perspectiva axonométrica.

-Representación en perspectiva axonométrica do conxunto.

* Medicións e orzamento.

-Medición detallada de cada partida.

-Resumo de partidas.

-Elaboración dos diferentes cadros de prezos:

-Unitarios.

-Auxiliares.

-Man de obra.

-Maquinaria.

-Descompostos.

-Orzamento xeral: execución material e de contrata.

Conceptuais.

* Análise e toma de datos previos.

-Datos necesarios para a definición do proxecto.

* Normativa de aplicación.

-Influencia da normativa na definición do proxecto.

* Composición e organización do proxecto.

-Necesidade de defini-los documentos que compoñen o proxecto e o seu ordenamento no proceso de execución:

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Realización dos distintos planos do proxecto.

-Realización de medicións e orzamento.

* Memoria descritiva.

-Función da memoria descritiva na realización do proxecto.

* Prego de condicións.

-Función do prego de condicións na realización do proxecto.

* Confección de planos.

C) Plano de cimentación e saneamento.

-Elección do sistema de cimentación en función de: características do terreo, coeficientes de traballo e seguridade. Hipóteses de cargas.

D) Planos de estructura.

-Hipóteses e bases de cálculo que se van utilizar. Coeficientes de seguridade.

E) Planos de distribución, cotas e amoblamento.

-Adaptación da distribución ó proceso industrial que se vai desenvolver.

F) Plano de cuberta.

-Tipos de cuberta. Pendentes, vertentes e material de cubicación.

G) Planos de alzados.

-Determinación dos materiais que inflúen no debuxo de alzados: altura entre plantas, modulación e medida de ocos, materiais, fisionomía, volumes externos.

H) Planos de seccións.

-Determinación dos parámetros que inflúen no debuxo das seccións: alturas, cubertas, materiais compositivos.

I) Planos de instalacións.

-Normativa de aplicación (NTE e básicas) xeral.

J) Planos de memoria e despezamento de carpintería.

-Identificación e diferenciación dos tipos de carpinterías.

-Nomenclatura axeitada en cada caso.

K) Planos de detalles.

-Identificación e estudio dos materiais que compoñen as partes que hai que detallar.

-Medidas e técnicas constructivas.

* Medicións e orzamento.

-Impresos axeitados para medicións.

-Forma de ordenación da medición por capítulos e numeración das diferentes partidas.

Actitudinais.

* Análise e toma de datos previos.

-Valoración da capacidade de observación, identificación e toma de datos.

* Normativa de aplicación.

-Constancia na busca e correcta aplicación da normativa.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración.

-Valoración da capacidade de síntese e aplicación.

* Composición e organización do proxecto.

-Orde e correcta distribución do traballo, así como do tempo necesario para a súa correcta elaboración.

* Memoria descritiva.

-Axeitada exposición e redacción, así como claridade e orde na descrición da memoria.

* Confección de planos.

-Esforzo por adquirir destreza no manexo dos útiles de debuxo e representación.

-Valoración da necesidades dunha correcta distribución dos debuxos. Limpeza e orde.

-Axeitada visión espacial.

-Valoración da importancia dunha correcta distribución e ordenación do mobiliario.

-Visión espacial do conxunto volumétrico na aplicación do sistema diédrico.

-Esmero, orde e prioridades na distribución das instalacións, así como a interrelación entre eles.

-Hábito de realiza-la correcta identificación e aplicación dos materiais e técnicas empregadas, en función do documento que hai que detallar.

-Orde e precisión na medición e nas realizacións dos cálculos.

Módulo profesional 7: proxecto de obra civil.

Capacidades terminais elementais

7.1. Relaciona-la normativa, tanto municipal como xeral, coas instruccións de obrigado cumprimento, técnicas ou legais, con tódolos parámetros necesarios para a realización do proxecto.

7.2. Determina-los planos necesarios para defini-lo proxecto ou obra que se vai executar, establecendo a orde e características de cada un.

7.3. Distribuí-las cargas de traballo, segundo a especialización dos recursos humanos e do tempo dispoñible.

7.4. Verifica-lo traballo realizado, supervisando o desenvolvemento e execución da documentación gráfica do proxecto.

7.5. Identifica-las partes ou elementos da edificación que sexa necesario representar en detalle, seleccionando os materiais, formas e procesos constructivos idóneos.

7.6. Analiza-la tipoloxía constructiva de elementos que hai que empregar na execución da obra, determinando e realizando listados de materiais que hai que empregar segundo a función de cada elemento.

7.7. Analiza-los croquis xerais da obra civil para determinar e deseña-lo sistema estructural máis idóneo.

7.8. Solicita-los datos necesarios, segundo o método establecido para determina-las premisas e parámetros previos ó cálculo da estructura, segundo o método establecido.

7.9. Realizar cálculos básicos a partir do predimensionado como complemento ó cálculo de estructuras.

7.10. Realiza-lo deseño das distintas instalacións de obras civís sinxelas, así como cálculos básicos como complemento ó cálculo de instalacións e abastecementos de edificacións.

7.11. Analiza-los datos, croquis ou deseños xerais da obra civil, para determina-lo que se vai representar en cada plano.

7.12. Elixi-lo sistema de representación máis idóneo en función do elemento ou parte da obra civil que se vai representar.

7.13. Determina-la escala que se vai empregar na representación, así como as características técnicas e simboloxía que sexa necesario incluír no plano.

7.14. Determina-lo formato idóneo de cada plano e elixi-lo soporte axeitado.

7.15. Realiza-lo plano cunha boa calidade de trazado, encadramento, limpeza e rotulación normalizada.

7.16. Realiza-las acotacións de forma correcta coa calidade suficiente, comprobando cotas parciais e totais.

7.17. Selecciona-lo procedemento e útiles de debuxo máis axeitados ó tipo do debuxo e do proxecto.

7.18. Analiza-las partes ou elementos da obra civil que sexan obxecto de representar en detalle e propoñer solucións constructivas de acordo co sistema estructural, materiais que se van empregar e custo previsible.

7.19. Realiza-los croquis coas solucións constructivas para a súa posterior elaboración nos planos.

7.20. Revisa-las solucións constructivas e comprobar que se axustan á normativa, ó programa de necesidades e á boa práctica da construcción.

7.21. Establece-los datos técnicos e información que se debe incorporar ós planos de detalles constructivos, para que a execución da obra se axuste ó proxectado.

Contidos básicos (duración 265 horas).

* Desenvolvemento do proxecto.

-Desenvolvemento dun proxecto de obra civil consistente no estudio, trazado e cubicacións necesarias para dotar da infraestructura vial necesaria a unha zona urbana industrial que, ó mesmo tempo, se sitúa dentro dun plan parcial de ordenación urbana.

Procedementais.

* Análise e toma de datos previa.

-Toma de datos de situación e emprazamento.

-Realización de croquis, medición e plano da zona.

-Localización no plan parcial de Ordenación.

* Normativa de aplicación:

-Recompilación da normativa: urbanística local, do plan parcial, autonómica, tecnolóxica, técnica e outras de aplicación, tanto na situación coma no trazado.

* Encargo do programa e identificación das necesidades:

-Identificación das necesidades funcionais e de comunicación dentro do contorno xeográfico.

-Programa de necesidades:

-Condicións urbanísticas.

-Condicións constructivas.

-Condicións humanas.

-Condicións ecolóxicas e medioambientais.

-Condicións meteorolóxicas.

-Condicións industriais.

-Condicións de uso e servicios.

-Condicións topográficas e xeolóxicas do terreo.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración:

-Análise e grao de implicación dos condicionantes que impoñen as normas.

-Análise dos tipos de industrias relevantes no sector, así como do tráfico rodado, determinando as dimensións convenientes de parcelas e viais.

-Organización de espacios tendo en conta a orografía e as diferentes necesidades.

-Diferentes alternativas de trazado segundo o programa de necesidades.

-Elección entre os diferentes bocetos da solución máis acorde.

* Composición e organización do proxecto.

-Ordenación e proceso de seguimento:

Fase previa: organización e recompilación.

Fase teórica: documentación escrita.

Fase práctica: materialización dos planos.

* Memoria descritiva.

-Redacción da memoria:

-Obxecto e xustificación.

-Programa de comunicación e trazado.

-Definición e xustificación das superficies de parcelas adoptadas.

-Xustificación do cumprimento da normativa de aplicación.

-Descrición dos elementos constructivos coas súas características e materiais.

-Xustificación das pendentes e moiros adoptados.

-Estudio do impacto ambiental.

* Prego de condicións.

-Descrición do prego de condicións:

-De índole técnica.

-De índole facultativa.

-De índole legal.

-De índole económica.

-Análise da documentación e implicación desta no proceso de construcción da obra.

* Realización de planos.

-Plano de situación e localización.

-Obtención da información cartográfica e urbanística dun Plano Parcial de Ordenación Urbana.

-Realización de croquis, medición e plano de situación e localización da zona elixida.

-Reflexo no plano das acometidas existentes, ou dos posibles puntos de captación e depuración dentro da zona.

-Plano de replanteo e planta xeral.

-Orixe do replanteo, distancia a lindeiros e a edificacións próximas. Elaboración do plano de replanteo. Acotación por coordenadas, parciais e a orixe.

-Elaboración da planta xeral co trazado da infraestructura vial e de deseño das parcelas.

-Plano da planta remodelada.

-Realización do plano coas curvas de nivel definitivas.

-Plano do perfil lonxitudinal.

-Realización do perfil ou perfís lonxitudinais dos viais.

-Distancias parciais e a orixe.

-Ordenadas do terreo e da rasante.

-Cotas de desmonte e terraplén.

-Liña de trazado.

-Realización do cadro resume do movemento de terras con:

-Áreas dos perfís de desmonte.

-Áreas dos perfís de terraplén.

-Volume de desmonte e terraplén.

* Medicións e orzamentos.

-Medición detallada de cada partida.

-Resumo por capítulos.

-Elaboración dos seguintes cadros de prezos:

-Unitarios.

-Auxiliares.

-Descompostos.

-Orzamentos de execución material e de contrata.

Conceptuais.

-Datos necesarios para a definición do proxecto.

-Influencia das diferentes normas na identificación do proxecto.

-Documentos que compoñen o proxecto e a súa orde no proceso de execución:

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Planos que definen o proxecto.

-Medicións e orzamento.

-Importancia do documento e relación con outros documentos do proxecto.

-Simboloxía dos documentos que se deban representar.

-Definicións de seccións tipo.

-Resolución de problemas constructivos.

-Libreta de campo:

-Fórmulas de obtención de áreas.

-Fórmulas de obtención de volumes.

-Coeficientes de compactación e esponxamento.

-Capacidades e tonelaxe dos medios de transporte.

-Ordenación dos documentos cos diferentes capítulos e apartados.

-Relación do documento co resto do proxecto.

-Técnicas de medición.

Actitudinais.

-Capacidade de observación, identificación e toma de datos.

-Correcta busca e aplicación da diferente normativa.

-Capacidade de análise, aplicación e adaptación dos distintos condicionantes á normativa.

-Capacidade de síntese e aplicación.

-Orde e correcta distribución de tempos e tarefas.

-Capacidade de análise e resolución dos posibles problemas que xurdan.

-Axeitada exposición e redacción.

-Claridade e orde.

-Orde e limpeza na execución dos planos.

-Iniciativa na resolución de problemas.

-Ética profesional.

-Meticulosidade e exactitude no proceso de medición.

-Desenvolvemento dun proxecto de obra civil consistente no estudio e trazado dos servicios de abastecemento de auga, electricidade, gas, rede de sumidoiros e telefonía para completa-la infraestructura necesaria nun proxecto de urbanización.

Procedementais.

* Análise e toma de datos previa.

-Toma de datos sobre situación e localización.

-Obtención e análise do plano de urbanización.

-Anotación e situación das acometidas, puntos de enganche ou tomas, captación, desaugadoiros e depuración.

* Normativa de aplicación.

-Recompilación da normativa: urbanística local, autonómica, tecnolóxica, técnica e outras de aplicación no proxecto.

* Encargo, programa e identificación das necesidades.

-Necesidades de servicio en función da natureza da urbanización.

-Identificación das necesidades dotacionais de abastecemento de auga, gas, electricidade, rede de sumidoiros e telefonía.

-Anotación das características e condicionantes das instalacións:

-Distribución e interrelación das diferentes redes.

-Acometidas.

-Captación.

-Caudais.

-Puntos de toma.

-Almacenamento.

-Adaptación do programa de necesidades á normativa de aplicación.

* Esbozo, anteproxecto, estudio e valoración.

-Análise e grao de implicación dos condicionantes que impoñen as normas.

-Diferentes alternativas de trazado e situación.

-Relación e orde de disposición nas vías de comunicación das instalacións de traída de augas, electricidade, gas, telefonía e saneamento.

-Elección entre os diferentes bocetos da solución máis acorde.

-Realización do anteproxecto en esquema coas diferentes instalacións obxecto do proxecto.

* Composición e organización do proxecto.

-Ordenación e proceso de seguimento:

-Fase previa. Organización e recompilación.

-Fase teórica. Documentación escrita.

-Fase práctica. Materialización dos planos.

* Memoria descritiva.

-Redacción da memoria:

-Obxecto e xustificación.

-Programa e ordenamento das instalacións.

-Definición e xustificación dos diferentes tipos de canalizacións adoptados.

-Xustificación do cumprimento das normas de aplicación.

-Descrición dos elementos constructivos coas súas características e materiais.

* Prego de condicións.

-De índole facultativa.

-De índole legal.

-De índole técnica.

-De índole económica.

* Realización dos planos.

-Plano de situación e localización.

-Obtención da información cartográfica e urbanística da urbanización.

-Plano topográfico da urbanización.

-Indicación nos planos de trazado das instalacións existentes, e dos seus posibles puntos de enganche, captación, desaugadoiro e depuración.

-Plano da planta co estado actual da infraestructura viaria.

-Obtención do plano.

-Plano de trazado das redes das diferentes instalacións.

-Estudio e resolución da situación na planta, interdependencias e prioridades no trazado.

-Utilización da simboloxía axeitada en cada instalación.

-Representación clara e ordenada das instalacións con: rexistros, cruzamentos, puntos de toma, depósitos...

-Realización dos cálculos necesarios, con utilización de ábacos e táboas para o correcto dimensionamento das diferentes instalacións.

* Planos de seccións.

-Análise das pendentes de trazado das redes que o precisen.

-Realización das seccións lonxitudinais e transversais das redes que o precisen.

* Realización dos planos.

-Plano de detalles.

-Estudio das solucións constructivas, materiais e acabados dos elementos que interveñen nas diferentes instalacións.

-Elección axeitada da escala par e a súa correcta representación.

-Realización de cantos detalles sexan precisos para unha correcta definición e interpretación de tódolos elementos que interveñen nas instalacións.

-Perspectivas.

-Representación en perspectiva axonométrica dos detalles e esquemas de instalacións que sexan precisos.

* Medicións e orzamento.

-Medición detallada de cada partida.

-Resumo por capítulos.

-Elaboración dos diferentes cadros de prezos:

-Unitarios.

-Auxiliares.

-Maquinaria.

-Descompostos.

-Orzamento de execución material.

-Orzamento de contrata.

Conceptuais.

-Datos necesarios para a execución do proxecto.

-Técnicas de recompilación de datos.

-Influencia das diferentes normas na definición do proxecto.

-Técnicas de recompilación e selección.

-Localización e interpretación dos condicionantes particulares do proxecto.

-Definición dos documentos que compoñen o proxecto e a súa orde no proceso de execución:

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Planos que definen o proxecto.

-Medicións e orzamento.

-Importancia do documento e relación con outros do proxecto.

-Simboloxía dos elementos que interveñen nas diferentes instalacións.

-Estudio e definición de seccións tipo.

-Resolución de problemas constructivos.

-Manexo do documento cos diferentes capítulos e apartados.

-Relación do documento co resto do proxecto.

-Técnicas de medición.

Actitudinais.

-Capacidade de observación, identificación e toma de datos.

-Correcta busca e aplicación da diferente normativa.

-Capacidade de análise, aplicación e adaptación dos diferentes condicionantes á normativa.

-Capacidade de síntese e aplicación.

-Previsión dos medios humanos e tecnolóxicos necesarios.

-Orde e correcta distribución do tempo.

-Capacidade de análise e de resolución dos posibles problemas que xurdan.

-Axeitada exposición e redacción.

-Claridade e orde.

-Orde, claridade e limpeza na execución dos planos.

-Iniciativa na resolución de problemas.

-Ética profesional.

-Meticulosidade e exactitude no proceso de medición.

3.4. Módulo profesional de formación no centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Analiza-los métodos de traballo empregados na empresa, en función dos útiles e medios dispoñibles, elaborando as instruccións necesarias para o desenvolvemento do traballo.* Preparación dos útiles e medios dispoñibles.

* Relación dos métodos de execución cos medios dispoñibles.

* Interpretación do calendario de actividades establecido pola empresa.

* Análise do plano de traballo establecendo tempos de execución.

* Determinación do persoal necesario para a execución de cada actividade.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Analizar e interpretar proxectos de edificación e obra civil.* Identificación de tódolos documentos que compoñen o proxecto.

* Análise dos procesos constructivos aplicados.

* Identificación das especificacións e simboloxía aplicada.

* Identificación dos materiais que interveñen en cada un dos procesos constructivos.

* Realizar levantamento ou toma de datos con eficacia e exactitude, identificando as formas e dimensións fundamentais.* Realización de levantamentos topográficos de parcelas.

* Realización de levantamentos de locais existentes.

* Obtención das cubicacións das unidades de obra executada.

* Comparación das medicións coa obra executada para realizar certificacións de obra.

* Realizar deseños de ordenación de espacios e volumes, tanto para edificación como para obra civil, adaptándose á normativa e ós diferentes condicionantes.* Deseño de distribucións de vivendas unifamiliares.

* Deseño de distribucións de bloques de vivendas.

* Deseño de distribucións de locais comerciais.

* Deseño de distribucións de vivendas adosadas.

* Deseño de distribucións de naves industriais para fábricas ou almacén en función do proceso de fabricación ou organigrama de funcionamento.

* Deseño de fachadas para os casos anteriores.

* Realizar e supervisa-los planos e compoñentes de proxectos de edificación e obra civil, a partir dos bocetos, normas ou indicacións recibidas.* Análise do proxecto proposto, identificando os planos necesarios para a súa aprobación, e para a definición completa a efectos de execución.

* Determinación das escalas convenientes en cada plano, as indicacións técnicas e as vistas e seccións necesarias para unha correcta interpretación e execución.

* Determinación das partes ou elementos do proxecto que sexa necesario representar en detalle.

* Representación dos detalles necesarios, a escala conveniente, definindo a forma e os materiais empregados.

* Realizar e supervisa-la documentación técnica de proxectos de edificación e obra civil.* Identificación dos diferentes materiais que interveñen no proxecto.

* Realización das medicións das diferentes unidades de obra, agrupándoas nos capítulos correspondentes.

* Realización do orzamento de execución material do proxecto.

* Realización dos orzamentos de contrata do proxecto.

* Realización de predimensións e cálculos básicos dos diferentes elementos do proxecto.

* Redacción da memoria descritiva e constructiva do proxecto.

* Realizar planificacións, seguimento e control de obras, propoñendo as modificacións oportunas.* Análise e contraste da situación real coa prevista na planificación.

* Proposta de métodos ou formas de execución para remedia-las desviacións.

* Colocación das diferentes partes de obra executadas en canto a dimensións, materiais empregados e colocación deles.

* Relación da obra executada co consumo de recursos materiais e humanos.

* Organización, coordinación e responsabilidade na empresa.* Distribución de tarefas e tempos.

* Ordenación de espacios e ferramentas de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Boas comunicacións e relación co equipo de traballo.

* Xustificación das decisións adoptadas, de cara a unha mellora na calidade dos traballos realizados.

* Obtención do rendemento previsto.

* Interpretación e execución rápida das instruccións que se reciben.

* Cumprimento das tarefas coa orde de prioridade establecido.

* Toma-las debidas precaucións de seguridade en función do traballo ou medio en que se atope.

Duración 380 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

1. Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

2. Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

3. Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

4. Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente, en situacións simuladas.

5. Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

6. Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

7. Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

8. Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

9. Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

10. Describi-lo sistema de protección social.

11. Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

12. Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

13. Analiza-la situación comercial de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nun período concreto.

Contidos básicos (duración 65 horas)

Procedementais:

* Saúde laboral.

- Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

- Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

- Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

- Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

- Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

- Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

- Identificación das diferentes modalidades de contratación.

- Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

- Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

- Elaboración dunha folla de salario.

- Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción sociolaboral.

- Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

- Identificación e definición das actividades profesionais.

- Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

* Principios de economía.

- Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

- Manexo e interpretación de táboas económicas.

- Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

* Economía e organización da empresa.

- Análise das empresas da localidade onde está situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras...

- Comparación e clasificación das diferentes empresas situadas no barrio.

- Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

Conceptuais.

* Saúde laboral.

- Condicións de traballo e seguridade.

- Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

- Danos profesionais.

- Medidas de protección e prevención.

- Marco legal de prevención laboral.

- Estatística para a seguridade.

- Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

- Dereito laboral nacional e comunitario.

- Contrato de traballo.

- Modalidades de contratación.

- Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

- Órganos de representación dos traballadores.

- Convenios colectivos.

- Conflictos colectivos.

- Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción sociolaboral.

- Mercado de traballo.

- A autoorientación profesional.

- O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

- Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

- Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

- Itinerarios formativo/profesionalizadores.

* Principios de economía.

- Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

- Relacións socioeconómicas internacionais.

* Economía e organización da empresa.

- A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

- Funcionamento económico na empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propia e allea.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

- Respecto pola saúde persoal e colectiva.

- Interese polas condicións de saúde no traballo.

- Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

- Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

- Valoración e cumprimento da normativa laboral.

- Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción sociolaboral.

- Toma de conciencia dos valores persoais.

- Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

- Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Principios de economía.

- Valoración da importancia da utilización correcta dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

- Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Economía e organización da empresa.

- Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

- Toma de consciencia de que as cooperativas estanse constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Materias do bacharelato que se deberon cursar para acceder ó ciclo formativo correspondente a este título.

4.1.1. Materias de modalidade.

* Debuxo técnico.

* Mecánica.

4.1.2. Outros contidos básicos de formación profesional de base.

* Clasificación das construccións. Conceptos básicos:

- Edificación.

- Obra civil.

* Proceso productivo marco.

- Proxecto.

- Planificación.

- Organización da obra.

- Execución.

- Plan de calidade.

- Estudio e plan de seguridade.

* Materiais de construcción

- Clasificación, propiedades, utilización e ensaios de:

- Naturais.

- Artificiais.

- Áridos, aglomerados, pastas, masas e formigóns.

- Unidades prefabricadas.

* Procesos de construcción.

- Coñecemento, función e disposición de elementos básicos da construcción e identificación e representación gráfica dos procesos:

- Movementos de terras.

- Estructuras máis comúns.

- Elementos complementarios.

- Acabados.

4.2 Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de «desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción».

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Normas e proxectos de construcción.* Construccións civís e edificación.* Profesor de ensino secundario.

2. Representacións de construccións.* Oficina de proxectos de construcción.* Profesor técnico de F.P.

3. Medicións e valoracións.* Construccións civís e edificación.* Profesor de ensino secundario.

4. Planos de obra.* Construccións civís e edificación.* Profesor de ensino secundario.

5. Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

6. Proxecto de edificación.* Oficina de proxectos de construcción.* Profesor técnico de F.P.

7. Proxecto de obra civil.* Construccións civís e edificación.* Profesor de ensino secundario.

8. Formación e orientación laboral.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

4.2.2. Materias do bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo formativo.

* Os contidos de formación profesional de base definidos no punto 4.1.2. do presente decreto, deben ser impartidos pola especialidade do profesorado: construccións civís e edificación pertencente ó corpo de profesores de ensino secundario.

4.2.3. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:.

. Construccións civís e edificación.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:.

. Arquitecto técnico en execución de obras.

. Enxeñeiro técnico en construccións civís.

. Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

. Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:.

. Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia dos títulos de:.

. Diplomado en ciencias empresariais.

. Diplomado en relacións laborais.

. Diplomado en traballo social.

. Diplomado en educación social.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 2208/1993, do 17 de decembro, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción require, para a impartición das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

.Aula técnica120 m85 %

.Aula polivalente60 m 15 %

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mismo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Representacións de construcción.

* Medicións e valoracións.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Normas e proxectos de construcción.

* Representacións de construcción.

* Medicións e valoracións.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios.

* Arquitecto técnico en execución de obras.

* Enxeñeiro técnico en construccións civís.

* Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

* Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

* Enxeñeiro técnico en aeroportos e transporte aéreo.

* Enxeñeiro técnico en mecanización agraria e construccións rurais.

* Enxeñeiro técnico en topografía.

4.5. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:

HorasCS desenvolvemento e aplicacións de proxectos

de construcción2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

255Normas e proxectos de construcción
350Representacións de construccións
125Planos de obra
65Administración, xestión e comercialización

na pequena empresa

65Formación e orientación laboral
100Horas a disposición do centro

4º, 5º y 6º trimestre

110Medicións e valoracións
285Proxectos de edificación
265Proxecto de obra civil
380Formación en centro de traballo

6677