Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/140-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Vv. sociais Estr. de Razo.

Situación: Carballo (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. suberránea a 15/20 kV de 620 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al de 12/20 kV que parte da liña de media tensión Bértoa-Mirón-Campo de fútbol-Lista e final no centro de transformación que se construirá en vivendas sociais. Estrada de Razo, de 400 kVA a 15000 +2,5 -5%/4000 V. Concello de Carballo (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6616