Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/105-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: r/ Coruña nº 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Barrio de Porteliña-Pazos de Reis.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 338 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 48 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. monte Aloia ata o C.T. que se proxecta no barrio da Porteliña-Pazos de Reis, concello de Tui. C.T. de 100 kVA relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6453