Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (321/1995).

En virtude do acordado en providencia dictada o día da data en xuízo oral número 321/1995, executoria 52/1996-C do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela (A Coruña), no que foron condenados en sentencia firme, 23-10-1995, por medio do presente edicto anúnciase a venda en poxa pública, por primeira vez, os seguintes bens mobles embargados da propiedade do condenado, Julio José Ramos Vilanova.

Os ditos bens, así como o valor da súa taxación, son os seguintes: vehículo Renault R-21, modelo TXE matrícula C-0419-AN valorado na cantidade de 700.000 pesetas e vehículo Seat Trans matrícula M-0873-HG taxado en 25.000 pesetas. Faise constar en relación co lugar onde se encontran que o vehículo matrícula C-0419-AN está en Talleres Raysil (Burés-Asados) e o vehículo marícula M-0873-HG encóntrase depositado no Depósito Franco da Coruña. Faise constar que en canto ó vehículo C-0419-AN existen en actuacións xerocopias da súa documentación e en canto ó M-0873-HG, non existe documentación en autos. Faise constar igualmente que o vehículo M-0873-HG figura anotado na Xefatura de Tráfico a nome da empresa Novidu, S.A., e que o condenado manifestou se-lo seu propietario, así como que o Rexistro Mercantil da Coruña informa de que na sociedade Novidu, S.A. figura como administrador único Julio José Ramos Vilanova. Establécense as seguintes regras sinaladas na Lei de axuizamento civil:

1. Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, xuntado o resgardo de que se fixo a consignación no BBV do importe a que se refire o artigo seguinte. Os pregos conservaranse pechados polo secretario e serán abertos no acto do remate ó publicarse as ofertas e producirán o mesmo efecto que os que se realicen no dito acto. Só o executante poderá facer ofertas a calidade de cede-lo remate a un terceiro.

O executante que exercer esta facultade deberá verifica-la dita cesión mediante comparecencia ante o propio xulgado que celebrase a poxa, con asistencia do cesionario, quen a deberá aceptar, e todo isto previa ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo do remate.

2. Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente no BBV, conta de consignacións do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela número 1.593, clave 71, co número de procedemento ou xuízo oral, presentando neste xulgado copia do mandamento de ingreso, unha can

tidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos. Devolveranse as ditas consignacións ós seus respectivos donos, acto seguido do remate, excepto a que correspondan ó mellor ofertante, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da súa obriga e, se fose o caso, como parte do prezo da venda. Tamén se poderán reservar en depósito por instancia do acredor as demais consignacións dos ofertantes que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, se poida aproba-lo remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas. As cantidades consignadas por estes devolveránselles unha vez cumprida a obriga polo adxudicatario. A consignada por este reservarase na forma e para os fins previstos no apartado anterior.

3. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consigna-lo depósito prevido no artigo anterior.

De non haber ofertantes na primeira poxa sinalada para o día quince de setembro ás once horas, sinálase para a segunda o día vintedous de setembro, ás once, no mesmo lugar, para a que servirá de tipo o setenta e cinco por cento da valoración, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

Celebrarase unha terceira poxa, se fose o caso, o día vintenove de setembro, ás once horas, no mesmo lugar e sen suxeición a tipo.

Quedan os autos na Secretaría ó dispor dos interesados, para, en todo caso, comprobación dos datos referidos.

Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

6393