Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta entidade local, na súa sesión ordinaria celebrada o 23 de xullo de 1997, o plan parcial do parque empresarial do Concello de Ribadavia, exponse ó público na Secretaría deste concello polo prazo dun mes a partir da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, para que durante o dito prazo poidan formularse reclamacións ou observacións que se coiden oportunas, as cales irán dirigidas ó alcalde-presidente deste concello.

Ribadavia, 31 de xullo de 1997.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

6681