Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno, en sesión celebrada o día 7 de xullo de 1997, a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias do planeamento de ámbito municipal vixentes neste concello, ábrese un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, durante o cal tódolos interesados poderán consulta-lo expediente e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Os traballos poderán examinarse na secretaría do Concello de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Vilar de Santos, 11 de xullo de 1997.

Xosé Antón Jardón da Cal

Alcalde

6187