Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do avance PERI II-08 Tomás A. Alonso (expediente 3618/411).

Aprobado inicialmente o avance do PERI II-08 Tomás A. Alonso presentado pola comisión xestora do PERI, elaborado polos arquitectos Cordeiro Davila, Jiménez e Meijide, ábrese un período de información pública durante o prazo dun mes na forma legalmente prevista, durante o que se poderán suxerir alternativas e suxestións de planeamento, así como propostas e convenios urbanísticos que se consideren procedentes.

Fíxese no taboleiro da Casa do Concello.

Vigo, 14 de xullo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6631