Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

MODIFICACIÓN puntual nas normas subsidiarias de planeamento de Friol.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día vintecatro de xuño deste ano, aprobou definitivamente a modificación puntual das NSP na intersección da Avda. da Coruña-Camiño da Chousa-Friol.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. A interposición deste recurso requirirá a comunicación a esta corporación.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Friol, 21 de xullo de 1997.

Antonio Muiña Pena

Alcalde

6185