Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle, que contén unha proposta de ordenación de volumes para soar situado na Avda. de Caión, Catuxa, Arteixo, promovido por Manuel Pose García, e redactado polo arquitecto Luis Collarte Rodríguez, que queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 29 de xullo de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

6132