Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da definición e desenvolvemento dun modelo de agrupacións de servicios en unidades integradas de productos. (C.P. 132/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación da definición e desenvolvemento dun modelo de agrupacións de servicios en unidades integradas de productos.

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 200.000 ptas.

Lote 1: definición e desenvolvemento dun modelo de agrupacións de servicios en unidades integradas de productos.

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 200.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de vixencia do contrato: desde o día seguinte ó do asinamento do contrato, ata o remate completo e conforme do proxecto, que terá lugar dentro do prazo máximo global de 80 días establecido no anexo I: prego de prescricións técnicas anexo.

a) Calendario de entregas parciais: nese mesmo anexo I divídese a consultoría contratada en tres etapas, para as que se establecen prazos parciais máximos, de obrigatorio cumprimento por parte do adxudicatario.

Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio de licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Metodoloxía e plan de traballo: ata 50 puntos.

2. Experiencia da empresa no desenvolvemento de traballos similares (valorarase especialmente cando se efectúe a súa xestión) e currículo do equipo de consultores asignado ó proxecto (particularmente, a súa experiencia profesional): ata 30 puntos.

3. Oferta económica: ata 20 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Univesitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 19 de agosto de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

6286