Advertidos erros no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia número 165, do 28 de agosto de 1997, é necesario efectua-las oportunas correccións:
-Na páxina 8.297, no título do decreto, onde di:«... se establece o modelo de xestión e administración...», debe dicir: «... se establece o modelo de xestión e administración, baixo a fórmula de fundación pública...».
-No quinto parágrafo da exposición de motivos, onde di: «... As fundacións, recoñecidas no artigo 34 da Constitución...», debe dicir: «... As fundacións públicas, recoñecidas no artigo 34 da Constitución...».
-No mesmo parágrafo, onde di: «... extinción das fundacións concebíndoas como organizacións...»,
debe dicir: «... extinción das fundacións públicas concebíndoas como organizacións...».
-No parágrafo sexto, onde di: «... centros sanitarios por medio de fundacións e os logros acordados nesta modalidade de xestión, aconsellan xestiona-los hospitais comarcais Virxe da Xunqueira e da Barbanza a través da constitución de dúas fundacións», debe dicir: «... centros sanitarios por medio de fundacións públicas e os logros acadados nesta modalidade de xestión, aconsellan xestiona-los hospitais Virxe da Xunqueira e da Barbanza a través da constitución de dúas fundacións públicas».
-No artigo 1, onde di: «... dos hospitais comarcais Virxe da Xunqueira e da Barbanza, realizarase, respectivamente a través das fundacións denominadas Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira e Fundación Hospital Comarcal da Barbanza...», debe dicir: «... dos hospitais Virxe da Xunqueira e da Barbanza, realizarase, respectivamente, a través das fundacións públicas denominadas Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira e Fundación Pública Hospital da Barbanza...».
-No artigo 2.1º, onde di: «... os órganos de dirección destas dúas fundacións serán...», debe dicir: «... os órganos de dirección destas dúas fundacións públicas serán...».
-No artigo 2.1ºb), onde di: «... de primeiro nivel da fundación...», debe dicir: «... de primeiro nivel da fundación pública...»
-Na páxina 8.298, no artigo 3, onde di: «... o protectorado sobre estas dúas fundacións...», debe dicir: «... o protectorado sobre estas dúas fundacións públicas...».
-No artigo 5, onde di: «... Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira e da Fundación Hospital Comarcal da Barbanza...», debe dicir: «... Fundación Pública do Hospital Virxe da Xunqueira e da Fundación Pública Hospital da Barbanza...».
-No artigo 6, onde di: «O persoal ó servicio destas fundacións...», debe dicir: «O persoal ó servicio destas fundacións públicas...».
-Na disposición adicional primeira, onde di:«... das fundacións Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira e do Hospital Comarcal da Barbanza...», debe dicir: «... das fundacións públicas Hospital Virxe da Xunqueira e do Hospital da Barbanza...».
6308