Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.364

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do día 27 de setembro de 1997 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas no lugar de Lonzas-San Cristovo, a poxa de armas composta de 348 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 22, 23, 24, 25 e 26 de setembro, no dito acuartelamento, de 9 a 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes coas ofertas concluirá ás 14 horas do día 26 de setembro.

A elas poden concorre-las pesoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 7 de xullo de 1997.

José Luis García Sánchez

Tenente coronel primeiro xefe