Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial da modificación do estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas Travesía de Vigo, Dr. Canoa e Numancia. (Expediente 4399/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas Travesía de Vigo, Numancia e Dr. Canoa, conforme a documentación elaborada pola entidade Hijos de Ismael Rodríguez, S.L. o 9 de maio de 1997, elaborada polo arquitecto Roberto Rodríguez Macías.

Sométese á información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 4 de xullo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6639