Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de xullo de 1997 pola que se autoriza o cambio de localización do viveiro denominado Ferradás nº 3.

Visto o escrito presentado por Mª Eugenia Alvariña Meira, con DNI nº 35.243.775 no que solicita cambio de localización do viveiro Ferradás nº 3.

Tendo en conta as seguintes consideracións legais e técnicas:

-Os informes do Sector e do Servicio de Inspección e Vixilancia Pesqueira.

-O proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

-O disposto no artigo 9º do Decreto 406/1996 do 7 de novembro (DOG nº 228).

Considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve autoriza-lo seguinte cambio de localización:

Viveiro denominado: Ferradás nº 3.

Titular: Mª Eugenia Alvariña Meira.

Cultivo: ostra plana.

Remate da vixencia da concesión: 30-4-2003.

Localización anterior: polígono Redondela A, cuadrícula nº 61.

Nova localización: polígono Redondela A, cuadrícula nº 48.

Esta concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas do anterior emprazamento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 52.2º da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada por la Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6644