Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 8 de agosto de 1997, acordou o seguinte:

Primeiro.-Levanta-la suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas de edificación, demolición e parcelación, acordada en sesión extraordinaria do Concello Pleno do 15 de novembro de 1996, modificando o dito acordo, nas zonas seguintes, e entrando en vigor nas ditas zonas en consecuencia as normas subsidiarias de planeamento municipais, e podéndose outorgar licencias nas seguintes zonas:

1. Parcela sita na avenida Compostela nº 131.A nº 165, con referencia catastral 72.92.8.20 (parcelas 20 a 27) promovido por Construccións Joenfe, S.L. para a construcción de vivendas de protección oficial, vivendas sociais.

2. Edificio sito na praza dos Irmáns Prieto nº 7, parcela segundo plano catastral 58.81.6.05, propiedade do Colexio Sagrado Corazón que figura no expediente autenticado polo secretario, da Congregación Relixiosa Irmáns Franciscanas, sendo de interese social a necesidade de acometer obras para ampliar e adaptarse á ESO o dito colexio.

3. Parcela sita na avenida da Estación nº 102, Refer. catastral 69.81.1.12/69.81.1.13, promovido por Gonca, S.A. para a construcción de vivendas de protección oficial, clase vivendas sociais.

O concello asume que a normativa actual son as normas subsidiarias de planeamento de 1979, e polo tanto que a dita normativa nas zonas anteriormente indicadas non sufrirá modificación tralo plan de ordenación municipal en tramitación.

Segundo.-Darlle publicidade ó presente acordo, de acordo co disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, inserindo anuncio no DOG, nun xornal de ámbito provincial e no taboleiro de anuncios, que entrará en vigor na data de publicación no DOG.

Recursos: contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da notificación do presente acordo, logo de comunicación a esta entidade, para os efectos previstos no artigo 110.3º da LRXAPEPAC.

Poderán interpoñer calquera outro medio ou recurso que consideren convenientes.

O Carballiño, 12 de agosto de 1997.

O alcalde-presidente

Rubricado